FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

Descobre Fisterra a través de “FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO”. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: fíxate en final.
138. A vila de Fisterra nos anos 30 do pasado século (R. Caamaño)

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspiración de calquera camiñante sempre será acadar unha meta. Se resulta que esa meta se sitúa ao final do mundo coñecido, a motivación para chegar a ela aínda é maior. Isto foi o que lle outorgou a Fisterra ese talismán para atraer a viaxeiros e peregrinos.

Aínda que este extremo do continente estivo habitado desde tempos prehistóricos, así o documentan materiais arqueolóxicos atopados no val de Duio, a vila de Fisterra formouse no medievo. Desde finais do século XIII ata finais do seguinte pertenceu á familia dos Mariño. Desde a Idade Media hai documentación da chegada de viaxeiros e peregrinos a Fisterra, moitos deles deixaron constancia da viaxe e das impresións que lle causou a localidade. No ano 1469 xa existía un hospital de peregrinos a carón da igrexa parroquial.

Fisterra tampouco foi allea ás invasións da piratería estranxeira, primeiro de normandos e musulmáns, e máis tarde, de ingleses e franceses. O cardeal Del Hoyo dinos que a poboación do núcleo fisterrán vivía pobremente e que as súas casas foran incendiadas varias veces por esas razzias. Tamén chegaron a este porto as tropas francesas, que saquearon a localidade e incendiaron o castelo de San Carlos.

O núcleo primitivo formado arredor da praia da Ribeira foi medrando cara ao leste ata configurarse en dous barrios: o Cabo da Xesta, o máis antigo, situado na parte occidental, e o Cabo da Vila, máis moderno, que se estendía pola actual rúa de Santa Catalina.

A Fisterra actual é moi diferente a aquela de séculos pasados, aínda que hai zonas que conservan a estrutura do núcleo histórico, pero a maioría das casas foron reformadas ou son de nova construción. O turismo é a actividade económica principal da poboación fisterrá, atraído por ser final do camiño xacobeo, polo que representa esta vila e o cabo Fisterra como extremo máis occidental do continente europeo.

Hai varios lugares da vila que convén visitar. En primeiro lugar, a zona portuaria, adornada polo colorido das múltiples embarcacións de pesca, onde se sitúa a nova lonxa, un edifico moderno, construído entre os anos 2004 e 2006, obra da arquitecta Covadonga Carrasco. Na mesma zona tamén se localiza a áncora do Casón, o barco que embarrancou en 1987 nesta costa e creou o pánico entre a poboación da zona polo perigo da carga que levaba a bordo.

Detrás do porto sitúase o castelo de San Carlos, de mediados do século XVIII, que alberga o Museo de Pesca, que acolle artes de pesca e información sobre a tradición mariñeira deste porto. Nas rúas do interior do núcleo atoparémonos con casas tradicionais que nos permitirán coñecer como era a Fisterra histórica. Na praza de Ara Solis localízase a capela do Bo Suceso, unha edificación barroca de 1743.

A igrexa parroquial de Santa María das Areas sitúase nas aforas, ao pé da estrada que leva ao cabo Fisterra. Conserva algúns elementos románicos pero a súa estrutura é gótica, á que se lle foron engadindo outras construcións que desfiguraron a súa forma orixinal. Entre elas sobresae a capela barroca do Santo Cristo, cun retablo deste mesmo estilo, que acolle a imaxe gótica do Cristo, pola que a veciñanza sente gran devoción. No campo que hai ao sur da igrexa o domingo de Pascua escenifícase a Resurrección de Cristo, acto ao que acode multitude de romeiros.

Galería de fotos de FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

As mellores rutas de senderismo en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é famosa polos seus impresionantes paisaxes de penedos, praias virxes ...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

MALPICA DOS MEUS AMORES...

O mar imprime carácter, pero se ese mar é impetuoso como o da Costa da Morte e o espazo de terra no que se vive está tod...

Consellos fotográficos para captar aves na Costa da Mor...

Hoxe imos parar a darche consellos fotográficos para captar aves na Costa da Morte. E é que a Costa da Morte é un paraís...

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES, SINFONÍA PARA OS SENTIDOS

A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes q...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Luns
    5
    Outubro

    Primeiro luns de outub...

    Camariñas celebra o luns 5 de outubro de 2026 unha nova cita do primei...

  • Martes
    6
    Outubro

    Curso de introdución á...

    Fisterra acolle un curso de introdución á lingua e á cultura galegas d...

  • Martes
    6
    Outubro

    Pablísimo en Cee con «...

    O programa escolar da XIII edición de O Mes da Fundación 2026 leva á C...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.