Qué é a CMAT

Descobre qué é Costa da Morte Asociación Turística

CMAT, Costa da Morte Asociación Turística

Promovendo a Costa da Morte: Innovación, sostibilidade e desenvolvemento social

A CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) é unha asociación sen ánimo de lucro que une a axentes locais, tanto públicos como privados, para impulsar o desenvolvemento turístico de Costa da Morte. A nosa misión é integrar esforzos e recursos para converter esta rexión nun destino turístico de excelencia. Cunha planificación estratéxica, maximizamos o seu potencial turístico, asegurando que cada proxecto contribúa ao crecemento e sostible.

Promovemos Costa da Morte como un destino turístico de renome, mellorando a calidade e innovación dos servizos. Consolidamos e expandimos a oferta turística, enfocándonos en segmentos de alto potencial de crecemento. Buscamos novas oportunidades para atraer a visitantes nacionais e internacionais. Creemos no turismo como motor de desenvolvemento económico e social, xerando emprego, impulsando a economía local e mellorando a calidade de vida dos residentes.

Anos promocionando a Costa da Morte
0 +

CMAT: compromiso coa comunidade e o contorno

Valores para un turismo xenuíno en la Costa da Morte

Sostibilidade

Promovemos prácticas turísticas sostibles que protexan e conserven a nosa contorna natural e cultural para as futuras xeracións.

Calidade

Esforzámonos por ofrecer servizos e experiencias de alta calidade, garantindo a satisfacción dos visitantes e o benestar da comunidade local.

Innovación

Fomentamos a creatividade e a innovación en todas as nosas actividades, adoptando novas tecnoloxías e enfoques para mellorar continuamente no noso traballo.

Colaboración

Traballamos en estreita colaboración con todos os actores locais, fomentando o diálogo e a cooperación para lograr obxectivos comúns.

Responsabilidade social

Nos comprometemos a contribuír positivamente ao desenvolvemento económico e social de Costa da Morte, promovendo o emprego e mellorando a calidade de vida dos residentes.

Autenticidade

Valoramos e promovemos a riqueza cultural e tradicións locais, asegurándonos de que o desenvolvemento turístico respecte e preserve a identidade única de Costa da Morte.

Estratexias e compromisos para un desenvolvemento sustenble e de calidade

Impulsando o turismo responsable na Costa da Morte

Na CMAT, estamos transformando Costa da Morte nun destino turístico de primeiro nivel, coñecido pola súa autenticidade e beleza! Con iniciativas emocionantes, buscamos atraer máis visitantes e asegurar experiencias inesquecibles.

Promocionamos activamente o destino, melloramos continuamente os servizos e ampliamos a oferta turística, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da rexión. Fomentamos un turismo sustentable que conserva os nosos recursos naturais e culturais para futuras xeracións.

Enfocámonos en segmentos con alto potencial de crecemento e buscamos novas oportunidades para atraer turistas nacionais e internacionais. Sabemos que o turismo impulsa a economía local, crea emprego e mellora a calidade de vida dos residentes. ¡Descobre todo o que a Costa da Morte ten para ofrecer!

Promocionar a Costa da Morte como destino turístico

Difundimos as riquezas naturais, culturais e históricas de Costa da Morte a través de diversas campañas de marketing, participación en feiras turísticas e colaboración con operadores turísticos. Nos esforzamos por mostrar a autenticidade e beleza do noso destino para atraer a un maior número de visitantes.

Mellorar a calidade e innovación nos servizos

Traballamos continuamente na mellora da calidade dos servizos turísticos ofrecidos na comarca. Isto inclúe a formación dos profesionais do sector, a implantación de novas tecnoloxías e prácticas sostibles, e o desenvolvemento de infraestruturas que proporcionen unha experiencia turística excepcional.

Consolidar e ampliar a oferta turística da zona

Analizamos e respondemos ás tendencias do mercado turístico para expandir a nosa oferta e adaptala ás necesidades e expectativas dos diferentes segmentos de público. Isto abrangue desde o turismo de aventura e natureza ata o turismo cultural e gastronómico.

Contribuír ao desenvolvemento económico e social

Consideramos que o turismo é unha xeración clave para o desenvolvemento económico e social da nosa comunidade. Ao fomentar o turismo, axudamos a xerar emprego, impulsar a economía local e mellorar a calidade de vida dos residentes. Ademais, promovemos a sostibilidade e o respecto ao medio ambiente como piares fundamentais do noso crecemento.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Noticias e actualidade

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Compromiso das institucións co desenvolvemento da Comarca

Concellos da Costa da Morte na CMAT

Equipo directivo

Descobre a directiva da CMAT

Coñece ás persoas que forman parte da directiva de CMAT, dedicadas a promover o turismo sostible en Costa da Morte.

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.