Atlántico puro. Natureza indómita. Alma mariñeira.

Costa da Morte

Descobre que ver na Costa da Morte e organiza a túa viaxe sen complicacións: rutas e itinerarios, un mapa con lugares imprescindibles, faros, praias, miradoiros e vilas con encanto, ademais de plans, eventos e experiencias para saborear a gastronomía local e vivir o destino ao teu ritmo. Todo claro, práctico e inspirador para que non perdas o mellor do extremo máis atlántico de Galicia.

Natureza

Levamoste a explorar praias virxes, acantilados maxestuosos e sendeiros rodeados dunha flora e fauna únicas. ¡Prepárate para conectar coa beleza natural no seu estado máis puro!

Gastronomía

Os mellores mariscos e peixes do mundo, preparados con receitas tradicionais que resaltan os sabores auténticos da Costa da Morte. ¡Ven e desfruta da nosa excepcional gastronomía!

Starlight

Descobre experiencias de astroturismo únicas e marabíllate coa pureza e claridade do ceo estrelado da Costa da Morte nunha contorna natural incomparable.

Simbolo Logo CMAT.png

Costa da Morte

A guía definitiva para descubrir o Atlántico máis salvaxe de Galicia: faros, praias, rutas e vilas con alma.

Benvido á Costa da Morte, un dos destinos máis auténticos de Galicia, onde o Atlántico marca o ritmo e cada curva do litoral é unha postal distinta. En visitacostadamorte.com axudámosche a planificar a túa viaxe con ideas claras e contido útil: que ver na Costa da Morte, os lugares imprescindibles, vilas mariñeiras, miradoiros, praias espectaculares e os faros que gardan historias de mar.

Aquí atoparás rutas e plans para todos os estilos: escapadas de fin de semana, itinerarios de varios días, sendeirismo e treitos míticos como o Camiño dos Faros, ademais de propostas culturais, festas locais e experiencias para vivir a comarca con calma. Garda os teus favoritos, consulta o mapa para situar cada punto de interese e descubre onde comer: mariscos, peixe do día e cociña galega con personalidade, sempre con recomendacións pensadas para aproveitar o tempo ao máximo.

Se buscas unha web para organizar a túa aventura sen perderte nada, este é o teu punto de partida: unha guía viva para descubrir a Costa da Morte con criterio local, inspiración e ganas de volver.

Tips e consellos

Plans para descubrir Costa da Morte

Eclipse 2026 na Costa da Morte

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos...

As praias segredas da Costa da Morte

As praias secretas da Costa da Morte son case calquera que non estea nun núcleo urbano. O territorio da Costa da Morte, ...

FISTERRA, A EMOCIÓN DO FINAL DO CAMIÑO

A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspira...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Puntos de información turística na Costa da Morte 2025:...

¿Preparando as túas vacacións na Costa da Morte? Coa Guía 2025 de Puntos de información turística na Costa da Morte, ter...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

HÓRREO DE CARNOTA, BELEZA ARTÍSTICA NUNHA CONSTRUCIÓN P...

Non existe ningunha outra construción que identifique a paisaxe galega coma o hórreo. Tan pronto como pasamos por un núc...

Castros e dolmens prehistóricos en Costa da Morte

A Costa da Morte, situada no noroeste de Galicia, é coñecida pola súa beleza natural, pero tamén pola súa rica herencia ...

CAIÓN, VILA ENRIBA DO MAR

Calquera viaxeiro que desexe coñecer a vila de Caión,, primeiro tería que observar a súa situación de lonxe, desde un do...

MUXÍA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE

O poeta Gonzalo López Abente (1878-1963) consideraba a súa Muxía natal como estática, “deitada” na ribeira, silenciosa e...

Ideas para a túa viaxe

Qué facer na Costa da Morte

Icono de senderismo

Rutas de sendeirismo

Sendeiros épicos entre cantís, bosques e miradoiros con sabor atlántico.

Icon3.png

Lugares imprescindibles

Os puntos clave que sí ou sí tes que ver na túa primeira visita.

Icon7.png

Praias salvaxes

Areais abertos ao océano: dunas, ondas e natureza en estado puro.

Icon4.png

Faros da Costa da Morte

A ruta máis luminosa: Faros míticos, solpores e lendas do mar.

Icon6.png

Arqueoloxía e megalitismo

Pegadas de castros e dólmenes que contan a historia máis fonda da Costa da Morte.

Icon9.png

Máis plans para a túa viaxe

Ideas, recunchos e experiencias para completar a túa ruta pola Costa da Morte.

Planifica a túa estancia

Onde comer e durmir na Costa da Morte

A Costa da Morte desfrútase mellor cando escolles ben o lugar onde comer e descansar. Aquí atoparás recomendacións para acertar con restaurantes (do marisco á cociña de autor, pasando por tabernas mariñeiras) e con aloxamentos para cada tipo de viaxe: casas rurais con encanto, hoteis con vistas, apartamentos xunto ao mar ou opcións para rutas en coche e a pé. Ideas prácticas para organizar a túa estancia e vivir o destino con calma.

Sabores do Atlántico

Descobre onde comer na Costa da Morte: produto local, peixe do día, marisco, tapas e cociña galega con personalidade, con opcións para todos os petos.

Aloxamentos con alma

Atopa onde durmir segundo o teu plan: en plena natureza, en vilas mariñeiras ou preto dos imprescindibles. Unha selección pensada para descansar ben e moverte doado.

Próximos eventos na Costa da Morte

Descobre ao instante que actividades te agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás un listado actualizado de festas, concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes ca ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Mércores
    18
    Novembro

    Doazón de sangue en Ca...

    Camariñas acollerá unha nova xornada de doazón de sangue o mércores 18...

  • Mércores
    18
    Novembro

    Véxote con outros ollo...

    O mércores 18 de novembro de 2026 ás 19:00 h, o Auditorio de Baio acol...

  • Mércores
    18
    Novembro

    Novembro, mes da Cienc...

    A ciencia tamén se descobre facendo preguntas, probando ideas e compar...

CMAT, quenes somos?

A asociación que impulsa a Costa da Morte

A CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) reúne a concellos e a empresas do sector turístico que forman parte deste destino. Traballamos de maneira coordinada para promocionar a Costa da Morte, mellorar a información dispoñible para o viaxeiro e dar visibilidade a experiencias, aloxamentos, gastronomía, rutas e eventos durante todo o ano. Un proxecto común para que descubras o territorio con máis facilidade… e para que cada visita deixe ganas de volver.

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.