Actriz, creadora e fisterrá de corazón, Marta Lado é unha das voces máis auténticas e sensibles do audiovisual galego. Coa súa mirada profunda e o seu discurso comprometido, encarna á perfección o espírito da Costa da Morte: salvaxe, emocional e chea de verdade. Agora, como Embaixadora da Costa da Morte 2026, convértese na voz que representa a esta terra no mundo, coa mesma paixón coa que interpretou o seu papel en Sicixia —a película que a uniu para sempre ao territorio que a viu nacer— e coa forza tranquila de quen entende que a cultura tamén é un acto de amor polo lugar que habitamos.
Ver emerxer unha balea diante da proa é unha desas experiencias que quedan gravadas para sempre. Non é só ver un animal enorme no seu hábitat, é sentir que o mar respira contigo e que a natureza nos regala un instante irrepetible. Por iso esta entrevista con María Becerra Rodríguez, bióloga mariña da CEMMA e colaboradora de Buceo Finisterre, é unha oportunidade para mergullarse nas súas vivencias e descubrir como a ciencia, a paixón polo océano e a emoción dos avistamentos se unen na Costa da Morte.
Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Vimianzo. O concello de Vimianzo é a capital natural da Terra de Soneira. Forma parte da denominada Costa
Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Dumbría. O concello de Dumbría está situado no Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, a uns setenta
Continuamos cas entrevistas aos concellos co Concello de Coristanco. O concello de Coristanco está situado ó oeste de Galicia e da provincia da Coruña. Limita polo