Costa da Morte, destino turístico sostible
Situados en lugares impoñentes dende os que dominan o horizonte, os faros na Costa da Morte son case venerados pola importancia que tiveron ao longo da historia. Lembranza constante do perigo que representa o mar embravecido e unha costa complexa, son tamén reflexo do enxeño humano para sobrepoñernos ás adversidades e a busca de dominar a natureza que nos rodea. Aquí poderás ver as localizacións dos faros máis importantes da Costa da Morte e información sobre eles.
Anotaba o escritor coruñés Nacho Carretero certa “aversión” pola liña recta por parte da costa galega, máis aínda cando se trata da Costa da Morte.
Entrantes, acantilados, recunchos e saíntes dotan esta zona dunha mística innegable na que poderás perderte para atopar o lugar onde desfrutar do mar, da suave brisa do Atlántico e o son da natureza.
Porén, non existiu sempre a paz e a maxestade neste paraíso. Na Costa da Morte rexistráronse máis de 900 naufraxios dende a Idade Media. Algo que non só se debe á súa complexa orografía.
Neste punto da costa, os barcos realizaban un cambio de rumbo, tanto se viñan do sur como do norte, para encarar o seu destino. Moitos deles descoñecían por completo a xeografía da zona e necesitaban referencias constantes para seguir o seu rumbo, referencias que tomaban dos mapas e a terra.
Con todo, estas referencias non sempre eran visibles por culpa dos temporais, a néboa ou mesmo a propia escuridade das noites de inverno o que fixo desta latitude un lugar complexo para o tráfico marítimo.
É por isto que na Costa da Morte se fixo o primeiro faro eléctrico de Europa, unha referencia constantemente visible foran as condicións atmosféricas que fosen. Estes grandes guías estendéronse por toda a zona marcando o rumbo a todos os viaxeiros, non só iluminando e dando unha referencia da posición da terra, se non tamén dando información sobre a súa propia posición, xa que cada Faro ten o seu propio feixe de luz característico.
Máis alá da súa funcionalidade, os faros son un xigante que se alza en lugares que parecen saídos da fantasía, lugares ante os cales parece que se che encolle o corpo pola forza da natureza e a súa beleza, ao mesmo tempo que sentirás a liberdade do infinito.
Descobre todos os segredos de la Costa da Morte
Orixe da terra, do ceo e do mar
Descobre paisaxes únicas e monumentos históricos que te deixarán sen alento.
Vive aventuras inesquecibles con actividades para todos os gustos e idades.
Ensinámoste cómo chegar e cómo moverte pola Costa da Morte.
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!