Costa da Morte, destino turístico sostible
As rías e os ríos son un elemento fundamental na Costa da Morte. Non só deron forma ao seu peculiar orografía senón que tamén moldearon as vidas e costumes da xente que vive neste paraíso. A forza dos ríos aproveitouse para mover muíños e batáns, as rías para formar comunidades resgardadas e alimentarse da súa infinita abundancia.
Aquí poderás saber máis acerca das tres rías e os seus ríos que ten a Costa da Morte así como a súa historia e todo o que te poden ofrecer a día de hoxe.
Unha das características máis coñecidas da Costa da Morte son as súas rías. Pero, ¿sabes o que é unha ría?
As rías son formacións xeomorfolóxicas que xorden da inundación marítima dun val fluvial. Isto ocorreu ao finalizar a última era glacial, cando o nivel do mar aumentou propiciando estas inundacións que dan lugar a espazos acuáticos únicos, rodeados de monte e vexetación e cuxa biodiversidade está propiciada pola mestura de auga salgada e doce e o amparo das correntes de mar aberto.
A xeografía das Rías tamén é peculiar, tendo sempre dous pobos nos seus extremos e un situado no seu vértice polo que teremos que transitar para pasar dun lado a outro da Ría.
E entre ambos os dous extremos lugares máxicos como as praias e calas de augas tranquilas nas que poderás refrescarte e pasar un día en compañía de familiares e amigos.
Miradoiros desde os que observar a inmensidade do mar e os seus segredos.
Illas que poderás visitar e percorrer para afondar na súa historia.
E cascadas que te farán sentir que estás nun lugar irreal.
Descobre todos os segredos de la Costa da Morte
Orixe da terra, do ceo e do mar
Descobre paisaxes únicas e monumentos históricos que te deixarán sen alento.
Vive aventuras inesquecibles con actividades para todos os gustos e idades.
Ensinámoste cómo chegar e cómo moverte pola Costa da Morte.
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!