Costa da Morte, destino turístico sostible
O starlight ou a luz das estrelas é moito máis que un fenómeno astronómico, é un elemento que acompañou á humanidade ao longo da súa historia para facernos soñar, guiarnos e maravillarnos. Na Costa da Morte e nos seus ceos despexados atópase un rincón único no mundo para desfrutar deste espectáculo natural en toda a súa plenitude. Aquí poderás ver localizacións onde desfrutar do starlight así como máis información arredor desta maravilla da natureza na Costa da Morte
O famoso físico Jorge Mira realizou os cálculos para determinar de forma exacta o lugar onde se ve o último raio de sol no vello continente. ¿Sabes dónde se atopa este lugar?
Se dixeches a Costa da Morte acertaches de cheo xa que este punto se atopa na cima do Monte Pindo no Concello de Carnota, un monte cunha cume a 627 metros de altura e cuxo pé está a menos dun quilómetro do mar.
Segundo o físico de Baio, a proximidade do monte Pindo ao océano e a súa altura permiten ver un horizonte máis afastado no Atlántico, polo que podes ver un solpor uns minutos máis tarde neste punto e máis lonxe no océano que en ningún outro lugar da Europa continental.
Pero non só brilla a estrela solar no ceo da Costa da Morte…
Non necesitamos dunha IA nin de ningún truco para conseguir a imaxe que estás vendo. É a realidade nocturna da Costa da Morte na que o ceo nunca se apaga por completo.
Porque na Costa da Morte existen infinidade de lugares onde poderás mirar o ceo nocturno e asombrarte coa cantidade de estrelas que o habitan… asombrarte polas posibilidades que o universo che brinda.
Descubre a continuación onde están os mellores lugares para ver as estrelas na Costa da Morte.
Descobre todos os segredos de la Costa da Morte
Orixe da terra, do ceo e do mar
Descobre paisaxes únicas e monumentos históricos que te deixarán sen alento.
Vive aventuras inesquecibles con actividades para todos os gustos e idades.
Ensinámoste cómo chegar e cómo moverte pola Costa da Morte.
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!