Hoxe imos parar a darche consellos fotográficos para captar aves na Costa da Morte. E é que a Costa da Morte é un paraíso para os amantes da natureza e a fotografía. A rexión é o fogar dunha gran variedade de aves que se poden fotografiar no seu hábitat natural.
Se es un fotógrafo de aves ou un afeccionado que busca captar a beleza destas criaturas nun entorno único, aquí ofrécemosche algúns consellos para mellorar os teus resultados.
Conoce as especies e o seu comportamento
Este é probablemente o consello máis importante. Debes coñecer as aves que habitan na Costa da Morte e os seus fluxos migratorios. Dependendo da época, haberá unhas especies ou outras. Tamén é importante saber onde se atopan e as súas rutinas de alimento. Tendo isto en conta, poderás conseguir con maior facilidade ESA foto impresionante para imprimir e que adorne o teu salón. Para isto, apóiate nos profesionais que divulgan esta información sobre a zona.
Desde gaivotas, corvos mariños, alcatrazes ata aves rapaces, o territorio é fogar dunha rica biodiversidade. Investiga os hábitos e comportamentos das aves que che interesan fotografar, sexa que estean en migración, no seu ciclo reprodutivo ou na súa tempada de alimentación. Isto permitirache anticipar os seus movementos e mellorar as túas oportunidades para capturar imaxes impactantes.

Usa o equipo apropiado
Para fotografar aves, é esencial ter o equipo adecuado. A cámara debe ser capaz de realizar ráfagas rápidas de disparos, xa que as aves adoitan moverse rapidamente. Unha cámara réflex dixital ou unha cámara sen espello cun bo enfoque automático é ideal.
Ademais, necesitarás un teleobxectivo cunha distancia focal longa, polo menos de 300 mm ou máis, para captar imaxes nítidas e detalladas sen achegarte demasiado ás aves e asustalas. Levar un trípode no que apoiar a cámara tamén será relevante: reduce un pouco a liberdade de movemento, pero gañarás en comodidade e estabilidade. E, con iso, en calidade.
Algunhas recomendacións de equipo:
• Cámaras: Canon EOS 7D Mark II ou Sony Alpha 9.
• Obxectivos: + de 300 mm.
• Trípode ou monopé: Para evitar o movemento e mellorar a estabilidade, especialmente con teleobxectivos longos.
Algunhas recomendacións para as configuracións da cámara:
• Velocidade de obturación rápida: Utiliza polo menos 1/1000s para conxelar o movemento das aves en voo.
• Abertura ampla (f/4-f/6.3): Permite un fondo desenfocado que resalta á ave e asegura suficiente luz no sensor.
• ISO axustable: En condicións de pouca luz, non temas subir o ISO, pero intenta mantelo baixo para evitar ruído na imaxe.
• Modo de enfoque continuo (AI Servo/AF-C): Ideal para rastrexar aves en voo.

Atopa a mellor luz
Como dicimos, tes que adaptarte ao calendario e rutina que as aves teñen. Pero, dentro dese lapso de tempo, debes elixir sabiamente as horas de mellor luz. Calquera fotografía aumenta significativamente a súa calidade coa luz adecuada:
• Evita as horas de luz dura: a luz do mediodía crea sombras fortes; en cambio, opta polas horas douradas.
• Fotografía co sol á túa espalda: Isto ilumina ao suxeito e evita que aparezan como siluetas.
Aínda que este consello está para que o rompas. ¿Hai unha ave á que só viches ás dúas da tarde? ¡Fotografíaa! ¿Quéres facer un contraluz co sol de fronte? ¡Faino!
O importante dos consellos fotográficos é saber toda a teoría para poder conseguir boas fotos obxectivamente falando, pero tendo a creatividade de rompelas cando os teus obxectivos son outros.
Sé creativo incluíndo outros elementos
Nesta liña, as fotos de aves non teñen que ser só a ave que viste. Utilizar outros elementos que a natureza che dá pode ser un moi bo recurso para crear unha boa foto. Por exemplo, inclúe nos teus encadres ramas, follas ou flores.
Xoga tamén co ángulo das fotografías. Fai fotos dende o nivel do chan. Isto ofréceche un ángulo natural e atractivo.
Cárgate de paciencia e non chames a atención
As cores chamativas poden facerte o foco de atención e isto é o último que necesitas cando queres fotografar fauna salvaxe. Utiliza roupa de cores neutras para integrarte co entorno.
Ao mesmo tempo, terás que cargarte de paciencia e permanecer quieto durante moito tempo. En silencio. A mellor fotografía de aves non sempre a saca o mellor fotógrafo, senón o máis paciente.

Fotografar aves na Costa da Morte é unha experiencia gratificante e desafiante que require paciencia, técnica e coñecemento do entorno natural. Seguindo estes consellos, poderás capturar a beleza das aves nun dos paisaxes máis espectaculares de Galicia. Xa sexa que busques capturar unha gaivota en pleno voo sobre o mar ou un alcatraz en seu hábitat natural, a Costa da Morte ofrecerache oportunidades fotográficas inigualables. ¡Prepara o teu equipo, observa e prepárate para capturar a maxia das aves galegas!
Cando subas as túas fotos a Instagram, non esquezas etiquetarnos na nosa conta @visitacostadamorte