Costa da Morte, destino turístico sostible
Pensar na area xeralmente evoca única e exclusivamente imaxes de praias, sen embargo a Costa da Morte ofrece un maior número de posibilidades tan relevantes como a duna rampante máis grande de Europa ou numerosos paraxes amparados por denominacións como a ZEC ou a ZEPA dentro da Rede Natura 2000. E por suposto praias de todo tipo onde poder relaxarse tomando o sol ou practicar diversos deportes acuáticos como o surf ou a vela. Aquí poderás acceder ás localizacións das praias e máis información sobre os nosos areais.
O turismo de sol e praia é posiblemente o máis coñecido e demandado, e existe unha infinidade de destinos incribles tanto en beleza como nas súas prestación, pero ningún che permitirá escoller entre tantas posibilidades como a Costa da Morte.
Porque na Costa da Morte poderás atopar desde as praias con Bandeira Azul e co mellor equipamento e acceso a todos os servizos que poidas imaxinar… como as paraxes máis afastadas, naturais e salvaxes que poidas desexar.
Lugares para ir en familia e amigos onde poderás comer ao aire libre e despois deitarte na praia a tomar o sol e relaxarte… como lugares onde poderás experimentar os deportes máis estimulantes que ofrece a auga como son o surf ou o kaiak
Na Costa da Morte poderás ir a areais concorridos, coñecer xente, mergullarte con eles na auga e vivir unha experiencia máis social… ou ir a lugares onde desfrutar de espazos amplos e íntimos perfectos para a introspección e o descanso.
Podes escoller entre praias de auga salgada… o de auga doce. Na Costa da Morte tes opcións de todo tipo para escoller!
E non só se resume en praias xa que os areais da Costa da Morte tamén teñen desde a duna rampante máis grande de Europa ata o estuario do río Anllóns un paraxe tan rico na súa biodiversidade que está amparado pola Rede Natura 2000 e a ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves).
Descobre todos os segredos de la Costa da Morte
Orixe da terra, do ceo e do mar
Descobre paisaxes únicas e monumentos históricos que te deixarán sen alento.
Vive aventuras inesquecibles con actividades para todos os gustos e idades.
Ensinámoste cómo chegar e cómo moverte pola Costa da Morte.
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!