A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para poñer en común diferentes aspectos sobre a situación do Parador de Costa da Morte 

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, presidenta da rede de Paradores
Directiva Cmat Paradores

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, presidenta da rede de Paradores, para falar sobre diferentes cuestións relacionadas coa política de apertura do Parador de Costa da Morte. 

ZAS, 30/01/2025. A Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR) 2025 serviu como escenario para un novo encontro entre a CMAT e Raquel Sánchez, presidenta de Paradores. Nesta reunión, de ton cordial e fraternal, ambas partes puxeron en común aspectos relacionados coa apertura do Parador de Muxía durante o ano e as políticas de dispoñibilidade de aloxamentos. 

O Parador de Muxía, aberto todo o ano

Para a CMAT, que xa lle trasladou as súas propostas a Raquel Sánchez tanto en FITUR 2024 como no IV Encontro de Turismo da Costa da Morte celebrado en Vimianzo, é importante que o Parador de Costa da Morte, situado en Muxía, estea aberto durante o maior tempo posible durante o ano. Esto suporía apostar por unha desestacionalización turística que favorecería a todo o sector non só na vila de Muxía, senón en toda a Costa da Morte.

Pola súa banda, a presidenta da rede de Paradores, que se mostra aberta a darlle continuidade aos contactos coa CMAT neste tema, está estudando as propostas para poder dar unha solución o antes posible.

Unha política que favoreza o turismo da contorna

Outra das propostas achegadas pola CMAT durante FITUR consiste en que o Parador de Muxía, nos momentos en que teña a súa capacidade de aloxamento chea, poida redirixir aos seus clientes a outros establecementos hosteleiros da Costa da Morte

Con esta medida, estaríase evitando que estas persoas fosen redirixidas a outros aloxamentos da rede de Paradores situados fóra da Costa da Morte e mesmo de Galicia, perxudicando ao sector hosteleiro da contorna.

Desde a CMAT, valórase positivamente a predisposición da presidenta da rede de Paradores, Raquel Sánchez, para continuar dialogando e atopando as mellores solucións para o turismo na Costa da Morte.

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.