A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Costa da Morte os 365 días do ano

Costa da Morte Asociación Turística presenta na Feira Internacional do Turismo (FITUR) a campaña «Naturalmente Salvaxe»
CMAT_FITUR_2025

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turismo (FITUR) que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro e que reúne a diferentes axentes públicos e privados do turismo nacional e internacional. 

Durante as dúas primeiras xornadas, foron presentadas diferentes propostas turísticas por parte dos municipios pertencentes ao xeodestino Costa da Morte. Na tarde do xoves 23, a propia CMAT presentou, xunto a representantes da Deputación da Coruña e de Turismo de Galicia, o vídeo promocional «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe» e a campaña da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) «Temporada de Mar».

A presentación «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe»

Durante o acto de presentación oficial da CMAT en FITUR, tiveron a oportunidade de intervir tanto Manuel Muíño,  presidente da CMAT; como Xosé Manuel Merelles, presidente da axencia Turismo de Galicia; Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña; e Pepe Formoso, presidente de APTCM e secretario da CMAT.

A presentación xirou en torno a dous importantes eixos: tanto a importancia da colaboración pública e privada que se da na CMAT, froito do traballo conxunto dos 17 concellos e dos empresarios a traves de APTCM; como o valor turístico que a Costa da Morte ten nas diferentes épocas do ano.

Ao inicio da presentación, Manuel Muíño aproveitou para agradecer a presenza de asistentes e relatores e destacar a Costa da Morte como un destino turístico sostible, co gran valor engadido do astroturismo: «O stand da Costa da Morte en FITUR é o mellor lugar para atopar unha expresión xigante de cores, sons e patrimonio material e inmaterial. Para descubrir unha inmensa conxunción de sabores, olores, mar, terra e ceo estrelado; unha máxica espiritualidade que envolve a todo o mundo que visita este xeodestino Naturalmente Salvaxe. Todo isto e máis é o que ofrece a Costa da Morte os 365 días do ano, durante as catro estacións, incluído o inverno». Trala súa intervención, dou paso á proxección do vídeo promocional «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe».

Pola súa banda, Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia, apuntou a gran relevancia da Costa da Morte para o turismo de Galicia: «Ver 17 concellos que se unen para formar un destino turístico tan potente como a Costa da Morte é moi satisfactorio. É moi relevante e sitúase como un dos máis activos de toda a comunidade autónoma, sempre ofrecendo o mellor baixo as premisas de calidade e sustentabilidade». Ademais, Merelles tamén engadiu a «importancia da colaboración pública e privada no desenvolvemento do xeodestino Costa da Morte».

Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, destacou sobre todos os atractivos da Costa da Morte o valor do seu patrimonio intanxible: «A Costa da Morte é moito máis que paisaxes, gastronomía e as súas xentes. O fantástico da Costa da Morte é que ten todo iso e ademais un patrimonio intanxible que é de máximo nivel e o seu atractivo é enorme en calquera estación».

Tamén fixo referencia ao valor da desestacionalización Pepe Formoso, presidente de APTCM, que tras a presentación e proxección do vídeo promocional da campaña «Temporada de Mar», fixo un alegato en favor da colaboración público-privada: «Somos admirados como destino grazas ao traballo conxunto dos empresarios e dos 17 concellos da Costa da Morte, onde contamos con temporada e productos de calidade todo o ano. Xa temos 365 días ao ano para desfrutar deste magnífico territorio».

Esta presentación e o papel xeral da CMAT en FITUR poñen de manifesto a imprescindible simbiose que se da na Costa da Morte entre os sectores público e privado. Grazas a esta colaboración entre os axentes de ambos sectores, FITUR está servindo para que a CMAT dea a coñecer o xeodestino a deceas de empresas de turoperación e axencias de viaxes coas que se crearán sinerxias que impulsarán as oportunidades turísticas na Costa da Morte.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.