A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade turística na entrega dos diplomas SICTED

A Costa da Morte volve poñer en valor o traballo do seu tecido turístico coa celebración do acto de entrega dos distintivos SICTED —Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos— correspondentes á anualidade 2025. O evento tivo lugar o martes 28 de abril de 2026 en Vimianzo, e contou coa participación de representantes institucionais, profesionais do sector e persoal técnico vinculado ao turismo.
Foto Familia SICTED CMAT

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun acto que contou tamén con representación do resto de concellos socios da CMAT. Seguidamente, o presidente da CMAT e alcalde da Laracha, José Manuel López, foi o encargado de presentar o acto, subliñando a importancia do traballo conxunto entre administracións e empresas con programas como o SICTED, para seguir mellorando a calidade e a profesionalización do sector turístico da Costa da Morte.

Durante o acto tamén tomou a palabra o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, quen puxo en valor a importancia de dotar ás empresas e entidades turísticas da formación necesaria para avanzar cara a un modelo de turismo sostible, capaz de xerar desenvolvemento económico no territorio.

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou a relevancia de iniciativas como esta para mellorar os servizos municipais e a experiencia das persoas visitantes, incidindo en que a boa xestión do turismo é clave para xerar economía, emprego e fixar poboación no territorio.

Pola súa banda, o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo fincapé en que a Costa da Morte é un claro exemplo de crecemento turístico, sinalando que os bos datos acadados responden ao traballo que se está a facer no destino desde a colaboración público-privada.

Tamén interveu Pepe Formoso, vogal da CMAT e presidente da APTCM, quen trasladou a visión do sector empresarial, incidindo en que este é un camiño que só é posible desde o compromiso colectivo, demostrando que a colaboración entre todos os axentes é clave para avanzar cara a un modelo turístico sostible.

Pechou a rolda de intervencións Emilio Cuíñas, director de Autoxiro e consultor SICTED, quen fixo balance do programa, sinalando o nivel de implicación das empresas participantes e as novidades para esta anualidade coa nova plataforma.

O acto culminou coa entrega dos diplomas e distintivos SICTED, na que participaron todos os representantes institucionais, a un total de 33 establecementos correspondentes ao Ciclo 3 da anualidade 2025. Este recoñecemento pon en valor o seu esforzo continuo por mellorar a calidade dos servizos turísticos no destino: 8 hoteis e apartamentos turísticos, 2 empresas de turismo activo, 8 aloxamentos rurais, 5 museos e centros de interese turístico visitable, 2 albergues, 7 oficinas de información turística e 1 establecemento de turismo de benestar.

  1. Oficina de Turismo de Caión (A Laracha)
  2. Centro de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte (A Laracha)
  3. Turismo Rural O Xastre de Anos (Cabana de Bergantiños)
  4. Oficina de Turismo de Carballo (Carballo)
  5. Balneario de Carballo (Carballo)
  6. Casa Rural Mar de Queo (Carballo)
  7. Mar de Preciosa (Camariñas)
  8. Refuxio do Náufrago (Camariñas)
  9. Oficina de Información Turística de Carnota (Carnota)
  10. Hotel Faro de Lariño (Carnota)
  11. Oficina de Información Turística de Cee (Cee)
  12. As Heiras Hotel (Cee)
  13. Atlantis Adventure (Cee)
  14. Museo da Pataca (Coristanco)
  15. Oficina Información Turística O Ézaro – Dumbría (Dumbría)
  16. AdventurÉzaro-KayakÉzaro (Dumbría)
  17. Hotel Bela Fisterra (Fisterra)
  18. Hotel Semáforo de Fisterra (Fisterra)
  19. Oficina Municipal de Información Turística de Laxe (Laxe)
  20. Museo do Mar (Laxe)
  21. Hotel Playa de Laxe (Laxe)
  22. Centro de Artesanía e Tradición (CAT) (Malpica de Bergantiños)
  23. Casa da Vasca (Malpica de Bergantiños)
  24. Casa Castiñeira (Muxía)
  25. Albergue Bela Muxía (Muxía)
  26. Apartamentos Touriñan Mar (Muxía)
  27. Casa de Trillo (Muxía)
  28. A de Loló Alojamiento con encanto (Muxía)
  29. A Casa da Canle (Vimianzo)
  30. Casas da Fontenla CB (Vimianzo)
  31. Castelo de Vimianzo (Vimianzo)
  32. Torres do Allo (Zas)
  33. Hotel Rústico Casa do Vento (Zas)

Con esta iniciativa, a Costa da Morte continúa avanzando cara a un modelo turístico sostible, baseado na profesionalización, na cooperación entre axentes e na posta en valor dos recursos propios. Así mesmo, nas próximas semanas comunicarase a apertura dun novo período de inscrición para aquelas entidades interesadas en adherirse ao programa SICTED, xunto coa información sobre a formación dispoñible e o procedemento a seguir.

Mesa SICTED CMAT
Mesa SICTED CMAT

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.