A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada técnica e práctica en Caión

A iniciativa, impulsada pola Axencia Turismo de Galicia e organizada pola CMAT, reuniu a profesionais do turismo, medios de comunicación e persoal técnico arredor da observación segura, a fotografía e as oportunidades turísticas vinculadas ao fenómeno astronómico.

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclipse do próximo 12 de agosto, unha iniciativa impulsada pola Axencia Turismo de Galicia co obxectivo de preparar ao sector turístico, aos medios de comunicación e ao persoal técnico dos destinos Starlight ante un fenómeno astronómico que converterá a Costa da Morte nun dos puntos de referencia para a súa observación. Un encontro de carácter técnico e práctico centrado na observación segura da eclipse, a comunicación deste tipo de fenómenos e as oportunidades que supoñen para o territorio.

A apertura correu a cargo do presidente da CMAT e alcalde da A Laracha, José Manuel López Varela, quen destacou a importancia deste acontecemento para a Costa da Morte e, especialmente, para a zona norte do territorio, situada dentro da franxa de totalidade da eclipse.

Durante a súa intervención, puxo en valor a necesidade de afrontar este fenómeno “con rigor e responsabilidade”, incidindo tamén na oportunidade que representa para atraer un turismo de calidade e dar a coñecer o conxunto de recursos naturais, patrimoniais e culturais da Costa da Morte.

A continuación, Begoña Estévez e Antonio Pazos, da empresa Corvus Maris e ambos acreditados como monitores Starlight, desenvolveron unha charla-coloquio sobre astronomía básica dunha eclipse e observación segura, resolvendo dúbidas prácticas e ofrecendo recomendacións tanto para profesionais como para o público xeral.

Posteriormente celebrouse a presentación institucional da xornada coa participación da directora de Promoción de Turismo de Galicia, María del Carmen Pita; da vicepresidenta da CMAT e alcaldesa de Cee, Margarita Lamela Louzán; e da presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, Yolanda Díaz Romero.

A programación continuou coa sesión “Fotografía da Eclipse”, impartida por Fernando Rey Daluz, experto en formación audiovisual e divulgación científica certificado pola Fundación Starlight, quen ofreceu claves técnicas e recomendacións para captar este fenómeno astronómico con seguridade e calidade.

A xornada completouse cunha práctica de fotografía da eclipse e observación solar, incluíndo un simulacro do fenómeno, que permitiu ás persoas asistentes coñecer de primeira man os dispositivos e protocolos recomendados para unha observación segura.

Dende a CMAT valorouse moi positivamente a celebración desta iniciativa e a ampla participación, que contribúe á preparación do territorio ante a chegada da eclipse e poñer en valor o potencial da Costa da Morte como destino vinculado ao turismo de natureza e á observación do ceo.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.