A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para reforzar a participación dos socios

O novo sistema permitirá que os concellos non representados na xunta directiva da entidade poidan asistir ás sesións con voz.

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co alcalde de Cabana de Bergantiños como anfitrión.

Esta sesión supón o inicio do novo modelo de reunións itinerantes, unha medida acordada desde os membros da actual directiva co obxectivo de favorecer unha maior participación e implicación do conxunto dos concellos asociados na vida ordinaria da entidade.

A partir de agora, as reunións mensuais celebraranse de maneira rotatoria nos concellos que non forman parte da xunta directiva. Deste xeito, facilitarase que os socios poidan asistir ás sesións con voz, coñecer de primeira man os asuntos tratados e achegar propostas e reflexións sobre a xestión turística do territorio.

Durante a reunión abordáronse tamén cuestións relacionadas coa planificación estratéxica da entidade e coa coordinación das accións previstas para o presente exercicio, dentro da folla de ruta marcada no plan de acción.

Con esta iniciativa, a CMAT dá un paso máis na súa aposta por un modelo de gobernanza máis aberto, descentralizado e próximo, reforzando a cohesión interna e garantindo que todos os concellos socios teñan a oportunidade de participar activamente máis alá da Asemblea Xeral Ordinaria anual.

Precisamente, a finais deste mesmo mes celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria, na que se someterán á aprobación as contas correspondentes ao exercicio 2025, os orzamentos para 2026 e se realizará unha revisión do plan de acción, co fin de avaliar o seu grao de execución e adaptar as liñas de traballo ás necesidades actuais do destino.

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo continúa así traballando para consolidar un modelo turístico coordinado, participativo e representativo do conxunto da Costa da Morte, reforzando a colaboración institucional e a unidade do territorio como destino.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg