
A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino baseado na identidade e a autenticidade
A presentación da nova campaña turística marca a aposta da CMAT por un turismo sostible e con voz propia
CMAT, Costa da Morte Turismo

A presentación da nova campaña turística marca a aposta da CMAT por un turismo sostible e con voz propia

A Costa da Morte inicia unha nova etapa na súa estratexia de promoción turística coa presentación da campaña “COSTA DA MORTE: DONDE LA TIERRA HABLA Y EL CIELO RESPONDE”, un proxecto que nace co obxectivo de reforzar o posicionamento do destino como un territorio auténtico, con voz propia e cunha identidade claramente diferenciada dentro do mapa turístico galego e estatal.

A CMAT presentará o xoves 22 de xaneiro en Madrid unha proposta que posiciona o destino como territorio de emoción, identidade e experiencias auténticas. A Costa da Morte estará presente un ano máis en FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, para seguir reforzando o seu posicionamento como un destino con voz propia dentro do mapa turístico galego e estatal.

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, presidenta da rede de Paradores

Costa da Morte Asociación Turística presenta na Feira Internacional do Turismo (FITUR) a campaña «Naturalmente Salvaxe»

A CMAT volverá ter unha importante presenza na Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025 en Madrid