A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da Costa da Morte aos centros educativos do norte do territorio

O proxecto educativo recibiu unha valoración moi positiva por parte do profesorado, que destacou a importancia de impulsar iniciativas deste tipo nas aulas

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda presentación da nova unidade didáctica dixital da Costa da Morte, un encontro dirixido aos centros educativos do norte do territorio que tamén contou coa presenza de representantes institucionais, e que puxo o peche ás dúas xornadas de presentación deste novo proxecto educativo impulsado pola entidade.

O acto foi aberto polo alcalde de Carballo, que puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas para seguir fortalecendo o vínculo entre o territorio e as novas xeracións, destacando o papel da educación á hora de fomentar o coñecemento, o respecto e o orgullo pola contorna propia.

Desde a CMAT quixeron agradecer especialmente a asistencia e implicación dos representantes dos centros educativos que participaron tanto nesta presentación como na celebrada previamente en Corcubión.

A asociación sinalou tamén que todos aqueles centros educativos que non puideron asistir ás presentacións recibirán nos próximos días unha circular informativa con toda a documentación e información necesaria para poder acceder e utilizar a unidade didáctica.

Durante os encontros, moitos docentes coincidiron en sinalar o interese de contar con ferramentas deste tipo, que permiten achegar os nenos e nenas á súa propia contorna a través dun aprendizaxe máis próximo, contextualizado e conectado coa realidade do alumnado, fomentando ademais o traballo por proxectos e a participación activa nas aulas.

De feito, desde a CMAT destacaron que algúns dos centros que asistiron á primeira presentación en Corcubión xa lles trasladaron que comezaron a utilizar a unidade nas aulas, unha noticia que a entidade recibiu con especial ilusión ao comprobar a rápida posta en marcha do recurso educativo.

Desde a CMAT subliñaron que este proxecto depende en gran medida da colaboración e implicación dos equipos docentes da comarca, motivo polo que agradeceron especialmente a boa disposición, o interese e as achegas realizadas polo profesorado durante ambas xornadas.

A iniciativa foi realizada ao abeiro da subvención DP0030 da Deputación da Coruña e supón o primeiro paso dun proxecto educativo máis amplo que a CMAT continuará desenvolvendo nos próximos meses con novas unidades didácticas vinculadas ao mar, á pesca e á conservación do litoral grazas ao financiamento dos GALP.

Desde a asociación sinalan que o obxectivo final é que os máis novos coñezan mellor a Costa da Morte, valoren a súa riqueza natural e cultural e se convertan nos mellores embaixadores do territorio.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.