Concello de Fisterra

Descubre o concello de Fisterra na Costa da Morte
Fisterra, Costa da Morte

Descobre Fisterra

Fisterra é historia, lendas, patrimonio, natureza e camiño. O Faro de Fisterra é o punto de interese máis destacado da vila. O Cabo do Fin do Mundo, “Finis Terrae”, foi un lugar de culto ao sol, e é un sitio destacado para recoller a posta de sol. Tamén se poden visitar as ruínas de San Guillermo e as Pedras Santas no alto do monte Facho, onde se sitúa o faro, un lugar cheo de lendas.

O Castelo de San Carlos, patrimonio vivo do municipio, alberga no seu interior un Museo da Pesca con visitas guiadas para comprender e aprender sobre a importancia da pesca galega ao longo da historia.

A Igrexa de Santa María das Areas, de estilo románico do século XII, destaca no seu interior polas imaxes do Santo Cristo de Fisterra, a Virxe do Carme e A Nosa Señora das Arenas. A igrexa conta cunha Porta Santa, que permite a entrada ao templo durante os actos do Ano Santo.

As praias salvaxes de Mar de Fora, O Rostro e Arnela amosan os acantilados e a bravura desta zona.

Fisterra é un lugar de peregrinación dende o século XII. A vinculación de Fisterra co Camiño aparece mencionada no Códice Calixtino, texto esencial das peregrinacións medievais. Cada ano, máis peregrinos acércanse á nosa terra, o final da súa peregrinación, onde se lles entrega a certificación oficial de Fin do Camiño chamada “Fisterrana”.

+ Info de Fisterra

Info turística Fisterra

Oficina Municipal Turismo Fisterra

Aberto todos os días do ano

Praza Constitución Nº31 – Fisterra

Redes de Fisterra

¿Donde está Fisterra?

Fotos de Fisterra

Plans para facer en Fisterra

  • Plan 1: Atardecer no Faro de Fisterra
    O atardecer no Fin do Mundo é unha actividade imprescindible na visita a Fisterra. Durante miles de anos pensouse que cada noite o sol se apagaba nas augas destas terras e que máis alá de Fisterra só existía unha rexión escura e descoñecida.
  • Plan 2: Gastronomía de Fisterra: El Longueirón
    Goza da mellor gastronomía probando o longueirón, un produto típico desta vila mariñeira, de gran calidade e moi abundante.
  • Plan 3: Semana Santa de Fisterra – Festa de Interese Turístico
    A Semana Santa en Fisterra atrae a miles de peregrinos. Durante as festas do Santo Cristo realízanse escenificacións da Paixón de Cristo. O Domingo de Resurrección ten lugar a tradicional Danza dos Paus, unha interesante manifestación artística cuia orixe se remonta ao século XVII.
  • Plan 4: Visita ao Castelo de San Carlos, museo da pesca con visita guiada
    É importante destacar que todo o material divulgativo que posúe o museo foi doado polo pobo de Fisterra. A visita guiada, relacionada coa pesca, ten unha duración de 20 minutos.
  • Plan 5: Lonxa turística
    Asiste á poxa de peixe e marisco de maneira tradicional. De luns a venres ás 16:30 h. É a única lonxa turística da zona.
  • Plan 6: Visita a Igrexa de Santa María das Arenas
    Igrexa románica do século XII, vinculada ao Camiño de Santiago. Misa do peregrino todos os días ás 18:00 h.

Vídeo promocional de Fisterra

Fisterra 1506946705
Comparte en redes:
Descubre o mellor de Fisterra

Qué facer e qué ver en Fisterra

Fisterra: Pedras Santas o Marconi

Este punto está situado no segundo lugar máis elevado do municipio de Fisterra: o Monte Facho. Accéd...

Ruta San Guillerme e Faro de Fisterra

Percorrido: Lineal Punto de partida/chegada: Porto de Fisterra Longitud: 4.00 km (ida) Duración apro...

Cabo Fisterra / miradoiro de Mar de fora

En Fisterra tes dúas opcións perfectas para observar o ceo. A primeira delas é o cabo Fisterra, a fi...

Mar de Fóra (Fisterra)

Unha praia apartada, illada e libre de urbanización. A forza do atlántico batendo na súa custa, e o ...

O Rostro (Fisterra)

Aberta ao océano e co vento batendo constantemente, atopamos en Fisterra a praia do Rostro, un conxu...

Praia da Langosteira

Fermoso areal de dous quilómetros de longo que se funde co monte. Esta praia conta cos servizos prec...

Faro de Fisterra

Un dos elementos máis emblemáticos e coñecidos. Construído en 1853, é un referente mundial para a na...

Festas do Santo Cristo de Fisterra

Conta a leira que un barco fronte ás custas de Fisterra non lograba avanzar ata que lanzou unha caix...

Festa do Longueirón de Fisterra

A praia da Langosteira é unha das máis prolíficas á hora de conseguir o longueirón (navalla). Por is...

Lonxa turística de Fisterra

Deseñada polos arquitectos Creus e Carrasco, e inaugurada en 2008, é un exemplo de convivencia entre...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.