Descubre o concello de Camariñas na Costa da Morte
Camariñas, Costa da Morte
Descobre Camariñas
Camariñas é un lugar único que sorprende ao visitante.
No corazón da Costa da Morte atópase o auténtico paraíso.
Camariñas é mar e natureza, pero tamén gastronomía, cultura e tradición.
Un lugar cheo de tesouros por descubrir.
O impresionante Faro Vilán, o primeiro faro eléctrico de España, testemuña mudo de centos de naufraxios, como o do Serpent en 1890, cuxos mariñeiros están enterrados no Cemiterio dos Ingleses, un lugar único que forma parte da Ruta Europea de Cemiterios Singulares, e que vixia a duna ramplante máis grande de España.
O Museo de Man, en Camelle, onde coñecer a vida e obra deste artista único e irrepetible.
O Museo do Encaixe, onde admirar unha arte centenaria que aínda perdura hoxe en Camariñas e ao que se rende homenaxe en Semana Santa, na Mostra do Encaixe.
Rutas incribles onde admirar a bravura do Atlántico, a calma da Ría de Camariñas ou a maxia do Río Grande.
A mellor gastronomía do mar e da terra, festas, tradicións e cultura… En definitiva, Camariñas é un paraíso para deixarte sorprender…
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!