A CMAT crea unha unidade didáctica para achegar os recursos pesqueiros da Costa da Morte ao alumnado de Primaria

O material dixital estará adaptado ao primeiro ciclo educativo e incluirá xogos e actividades para descubrir as especies locais, as artes de pesca tradicionais e o consumo responsable.
Cartografía do mar: unidad didáctica sobre los recursos pesqueros para Primaria

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo desenvolverá unha unidade didáctica dixital dirixida ao alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria, co obxectivo de achegar aos máis pequenos os recursos pesqueiros da Costa da Morte e dar a coñecer a importancia da pesca artesanal e dos produtos do mar de proximidade.

A iniciativa enmárcase no proxecto «Cartografía do mar: patrimonio, produto local e pesca artesanal na Costa da Morte», que aposta pola divulgación do patrimonio mariñeiro e pola promoción dun consumo máis consciente e responsable dos produtos pesqueiros locais.

A unidade estará adaptada ao currículo educativo e presentará os contidos dun xeito visual, atractivo e axeitado á idade do alumnado. Entre os temas que se abordarán figuran a importancia da pesca sostible e do consumo responsable, as artes de pesca tradicionais, a estacionalidade das especies e a identificación dos principais recursos pesqueiros da Costa da Morte. Tamén se explicará o proceso de etiquetaxe e venda dos produtos mariñeiros, achegando aos nenos e nenas información sobre a súa orixe e comercialización.

Para facilitar a aprendizaxe, o recurso combinará ilustracións, imaxes, vídeos e ligazóns de interese con actividades interactivas e xogos educativos que permitan reforzar os contidos e favorecer a participación do alumnado. Unha vez elaborado, estará dispoñible na páxina web da CMAT como ferramenta educativa e divulgativa.

Con esta actuación, a CMAT quere contribuír a que as novas xeracións coñezan mellor o mar e os seus recursos, identifiquen as especies propias do territorio e comprendan o valor da pesca artesanal, tanto desde o punto de vista económico como cultural e ambiental.

Este proxecto está promovido pola CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, «Cartografía do mar: patrimonio, produto local e pesca artesanal na Costa da Morte», e financiado pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a través das axudas xestionadas polo GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reúne en Dombate os responsables municipais de t...

O Dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños, acolleu este xoves 12 de novembro unha xuntanza da CMAT – Costa da Morte ...

A CMAT tecerá alianzas co sector pesqueiro e os centros...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo promoverá a colaboración entre os centros educativos e os distintos axente...

A CMAT promoverá a colaboración entre centros educativo...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo impulsará unha liña de colaboración cos centros educativos e cos profesion...

A CMAT crea unha unidade didáctica para achegar os recu...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo desenvolverá unha unidade didáctica dixital dirixida ao alumnado do primei...

A CMAT desenvolverá unha unidade didáctica dixital para...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo desenvolverá unha unidade didáctica dixital e interactiva dirixida ao alum...

A CMAT propón oito experiencias guiadas para descubrir ...

Este ano, a CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo busca completar a súa proposta de dinamización turística coa org...

A CMAT e Turismo de Galicia avanzan na creación dunha r...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está a impulsar a instala...

Xosé Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) vén de anunciar que Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carb...

A CMAT impulsa «Trazando a Costa», un proxecto para poñ...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo foi beneficiaria dunha axuda para desenvolver o proxecto «Trazando a Costa...

A CMAT promove «Cartografía do mar», unha iniciativa pa...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo foi beneficiaria dunha axuda para desenvolver o proxecto «Cartografía do m...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.