A CMAT propón oito experiencias guiadas para descubrir a Costa da Morte

O programa inclúe oito propostas guiadas os días 13, 14 e 15 de novembro, como complemento ao VI Encontro de Turismo, que se celebrará o día 17 no Parador de Muxía.
Chat image

Este ano, a CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo busca completar a súa proposta de dinamización turística coa organización dun programa de oito experiencias guiadas que se desenvolverán nas xornadas previas ao VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, previsto para o martes 17 de novembro no Parador Costa da Morte, en Muxía.

O programa, que terá lugar a fin de semana do 13, 14 e 15 de novembro, pretende ofrecer novas oportunidades para coñecer e experimentar o territorio desde diferentes perspectivas, achegando tanto á poboación local como ás persoas visitantes algúns dos seus recursos máis singulares da man de profesionais e persoas expertas en ámbitos como a natureza, o patrimonio, a cultura mariñeira, a artesanía e o astroturismo.

Esta programación servirá de antesala ao VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrará o martes 17 de novembro no Parador Costa da Morte (Muxía) coa financiación da Axencia Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación da Coruña. A cita reunirá representantes institucionais, profesionais do sector e entidades vinculadas ao turismo para compartir o traballo desenvolvido e abordar os retos de futuro do destino. Durante o encontro tamén se entregará o IV Premio Embaixador Costa da Morte ao xornalista Xosé Ameixeiras e terá lugar un recoñecemento colectivo ás entidades de inclusión social que traballan no territorio.

Oito propostas para coñecer o territorio

O programa, organizado pola CMAT co apoio da Deputación da Coruña, arrincará o venres 13 de novembro cunha visita á lonxa de Malpica dirixida á Asociación Íntegro, cunha proposta específica para achegar a actividade pesqueira ás persoas participantes desde unha perspectiva inclusiva. Esa mesma tarde, ás 19:00 horas, terá lugar unha sesión de astroturismo no miradoiro do Alto da Vela, en Camariñas, con Virxinia Barros, para descubrir as estrelas, a mitoloxía e a relación histórica do firmamento coa navegación.

O sábado 14 será a quenda da artesanía e do patrimonio. Ás 11:00 horas, as persoas participantes poderán visitar o taller e a casa-museo do ceramista Nacho Porto, en Carnota. A continuación, ás 12:00 horas, desenvolverase unha visita guiada á antiga factoría baleeira de Caneliñas, en Cee, para coñecer a historia dunha actividade que marcou a vida de numerosas familias da zona. Pola tarde, ás 16:00 horas, Tania Carreira conducirá un percorrido polo patrimonio histórico e arqueolóxico de Brandomil, en Zas, que inclúe a Ponte Vella, o Castro e os restos da domus romana de Pedra do Altar.

Taller do ceramista Nacho Porto, en Carnota

A programación pecharase o domingo 15 de novembro con tres propostas. Ás 10:00 horas, unha ruta de oito quilómetros pola Senda do Xallas, en Mazaricos, permitirá descubrir a riqueza natural da contorna. Ás 12:00 horas, A Laracha acollerá unha andaina botánica con degustación silvestre da man de Sabores Espontáneos. Finalmente, ás 16:30 horas, Suso Lista, percebeiro e escritor, guiará unha visita ao cabo Roncudo, en Ponteceso, para dar a coñecer de primeira man o oficio do percebeiro e a cultura mariñeira de Corme.

Porto de Corme, na Costa da Morte

Inscricións e organización

As actividades contan con prazas limitadas, polo que será necesaria a reserva previa a través do formulario habilitado na web de turismo da Costa da Morte. As persoas interesadas poden consultar os horarios, os puntos de encontro e as condicións de cada proposta no seguinte enderezo:

https://visitacostadamorte.com/gl/experiencias-na-costa-da-morte

Este programa de actividades está organizado pola CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, no marco da liña de subvencións DP0030/2026 da Deputación da Coruña, destinada a apoiar o desenvolvemento de iniciativas de promoción e dinamización turística no territorio.

Para máis información ou confirmación de asistencia, contactar co equipo de Asistencia Técnica da CMAT:
comunicacion@visitacostadamorte.com
621 25 63 91 (Jessica Lago) / 634 09 21 12 (Marta Baños)

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT propón oito experiencias guiadas para descubrir ...

Este ano, a CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo busca completar a súa proposta de dinamización turística coa org...

A CMAT e Turismo de Galicia avanzan na creación dunha r...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está a impulsar a instala...

Xosé Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) vén de anunciar que Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carb...

A Deputación e a CMAT revisan os avances do Parque do M...

A Deputación da Coruña e a CMAT mantiveron un encontro para coñecer de primeira man en que punto se atopa o Parque do Me...

O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parado...

A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Muxía, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebr...

A CMAT busca sede para o VI Encontro de Turismo da Cost...

Un ano máis, esta cita reunirá representantes dos 17 concellos da CMAT, empresas turísticas, entidades colaboradoras, pr...

A CMAT continúa coas reunións presenciais nos concellos...

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) retomou esta semana as reunións presenciais nos concellos que non forman p...

Costa da Morte Runner: un videoxogo para descubrir o te...

A Costa da Morte xa conta cun videoxogo propio. Costa da Morte Runner é unha nova proposta dixital que convida a percorr...

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.