A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística durante a súa segunda xornada en Uribe

A CMAT continúa a súa visita de intercambio na comarca de Uribe cunha segunda xornada centrada na xestión sostible e a cooperación público-privada. A visita incluíu Gaztelugatxe, o Camiño de Santiago en Larrabetzu e unha reunión con representantes da Deputación de Bizkaia, así como un encontro con empresarios locais. A experiencia achegou novas ideas e perspectivas para aplicar na Costa da Morte.

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da Asociación Jata-Ondo, cunha segunda xornada centrada na xestión sostible de destinos, a posta en valor dos recursos e a colaboración público-privada.

A xornada comezou cunha visita a San Juan de Gaztelugatxe, onde a delegación coñeceu o sistema de control de aforo mediante reservas para protexer o entorno natural, e os paneis interactivos instalados para mellorar a experiencia das persoas visitantes.

A continuación, o grupo desprazouse ata Larrabetzu, onde percorreu parte do Camiño de Santiago e a Ruta Medieval.

Un dos momentos destacados foi a visita á empresa La Gilda del Norte, onde a CMAT mantivo un encontro con representantes da Deputación Foral de Bizkaia:

  • Leire Sáez, directora de Turismo
  • Dicky del Hoyo, responsable de comunicación do Departamento de Transportes, Mobilidade e Turismo
  • Aitor Apraiz, asistencia técnica do Departamento de Turismo

Durante a visita abordáronse iniciativas innovadoras para a promoción do produto local e a súa integración na oferta turística do territorio.

Pola tarde, a xornada pechou cunha reunión con empresarios do sector turístico de Uribe —hostalaría, aloxamentos e turismo activo—, na que se tratou o modelo de gobernanza impulsado por Jata-Ondo, que articula a colaboración entre o sector público e o privado en comparación co modelo presente na CMAT.

Unha xornada intensa e inspiradora, que ofrece á CMAT ideas valiosas para seguir fortalecendo un turismo na Costa da Morte.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.