A CMAT continúa a súa visita de intercambio na comarca de Uribe cunha segunda xornada centrada na xestión sostible e a cooperación público-privada. A visita incluíu Gaztelugatxe, o Camiño de Santiago en Larrabetzu e unha reunión con representantes da Deputación de Bizkaia, así como un encontro con empresarios locais. A experiencia achegou novas ideas e perspectivas para aplicar na Costa da Morte.
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) arrancou hoxe a visita de intercambio de boas prácticas á comarca de Uribe (Bizkaia), cun programa organizado da man da Asociación de Desenvolvemento Jata-Ondo, entidade ao cargo do turismo neste destino.