A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para albergar o V Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anuncia a apertura do prazo para que os establecementos interesados poidan presentar a súa candidatura para acoller o V Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrará o martes 11 de novembro de 2025.
Iv encontro de turismo da costa da morte

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privados do sector turístico da comarca, cun dobre obxectivo: compartir os logros acadados e impulsar un crecemento sostible tanto económica como socialmente.

Un evento con identidade e traxectoria

Dende a súa primeira edición en 2021 (Parador de Costa da Morte, Muxía), pasando por Costa Caión (A Laracha, 2022), Torre de Laxe (2023) e o Pazo de Trasariz en Vimianzo (2024), este foro consolidouse como punto de encontro de referencia para os axentes públicos e privados que traballan polo destino Costa da Morte.

Requisitos das candidaturas

Os establecementos interesados en acoller o encontro deberán cumprir, cando menos, os seguintes requisitos:

  • Estar situados na Costa da Morte.
  • Ter capacidade mínima para 200 persoas.
  • Experiencia acreditada na organización de eventos semellantes.
  • Dispoñibilidade para a data e horario fixados.
  • Servizos ou capacidade de xestión técnica (imaxen, son, mobiliario, catering, etc.).

O resto de requisitos e as características específicas do evento pódense consultar na web da CMAT a través da seguinte ligazón.

Presentación de candidaturas

Para os establecementos interesados, o prazo de presentación das candidaturas remata o 19 de setembro de 2025. A presentación da candidatura farase a través do envío deste anexo descargable que deberá ser enviado coa documentación complementaria que cada establecemento considere necesario e que poida axudar á CMAT a realizar as valoracións que estime oportunas ao seguinte correo electrónico: admincmat@visitacostadamorte.com. Unha vez recibidas, a CMAT avaliará as candidaturas e contactará cos aspirantes para analizar os aspectos técnicos e económicos, co obxectivo de seleccionar a sede máis axeitada. Neste sentido e na medida do posible, procurarase organizar o encontro nun concello que non acollera o evento previamente.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.