Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e servizos turísticos ao SICTED da Costa da Morte

A CMAT abre o prazo de adhesión ao proxecto SICTED Costa da Morte: as empresas e servizos turísticos interesados ​​poden rexistrarse de balde ata o 20 de xullo. A iniciativa ofrece formación, asesoramento técnico e a certificación oficial “Compromiso coa Calidade Turística”, co obxectivo de mellorar a competitividade do destino e garantir unha experiencia de calidade para o visitante.
Evento cmat sigted 5

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), que conta cunha metodoloxía propia que contribúe a implantar un sistema de xestión da calidade nos destinos turísticos, tendo en conta aos diferentes axentes turísticos locais, tanto públicos como privados.

Os destinos adheridos, e as empresas e entidades que cumpren os requisitos, obteñen o distintivo “Compromiso de Calidade Turística”, que acredita aos participantes e recoñece o seu esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua.

Esta metodoloxía baséase nunha visión global de destino, que é, precisamente, un dos obxectivos da CMAT de cara a mellora da competitivade da Costa da Morte como destino turístico. Búscase que a experiencia do visitante sexa de calidade, tendo en conta o uso, desfrute e/ou consumo que realiza das infraestruturas e servizos turísticos durante a súa viaxe.

Impulsar o SICTED e un dos obxectivos da CMAT para o cal foi xestionado o apoio e cofinanciación pola Deputación da Coruña, a través das axudas aos entes de xestión turística da provincia.

Abrimos o prazo no Ciclo 1 para incorporación de novas empresas a un proxecto que lles permite mellorar a sua calidade a partir da formación e implantación de boas practicas asesorados por expertos. O prazo para a realización das solicitudes está aberto ata o 20 de xullo estando prevista a primeira sesión de formación para mediados de setembro.

Para realizar a inscripción no SICTED hai que cursar a solicitude a través do seguinte formulario: https://www.calidadendestino.es/Contenidos/AdhesionSistema.aspx

O proceso tamén se reinicia para as empresas de ciclo 2 e 3 que xa foron contactadas para confirmar o seu interese en continuar e recibirán próximamente máis información sobre os seguintes pasos en canto a datas de formación, asistencias técnicas y evaluación. Se formas parte destes ciclos e aínda non confirmaches, debes poñerte en contacto con admincmat@visitacostadamorte.com canto antes para organizar a túa participación.

A participación no SICTED é completamente gratuita para as empresas. Durante o

primeiro ciclo teñen que asumir o compromiso de asistir a varias sesións de formación e recibir duas visitas dos asesores nas suas instalacións para traballar na implantación de boas prácticas e detectar áreas de mellora. Ao final do proceso recibirán unha evaluación para verificar que se cumplen cos requisitos e que se conta cun plan de mellora.

O obxectivo é desenvolver o proxecto a partir de mes de setembro novembro de 2025 realizando as diversas tarefas de maneira escalonada e adaptadas a dispoñibilidade dos participantes.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.