A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira reunión na Laracha e define as prioridades para os vindeiros meses

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou a súa primeira reunión en A Laracha, actual sede da presidencia, para marcar as prioridades e liñas de traballo que guiarán a súa acción nos vindeiros meses, cun claro compromiso coa promoción, preservación e desenvolvemento sostible da Costa da Morte.
Reunión directiva cmat 11 de agosto de 2025 foto 1

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade da Laracha, actual sede da presidencia, co alcalde anfitrión, José Manuel López Varela, á fronte. O encontro tivo como obxectivo principal facer balance do estado actual da entidade e repasar as actividades que se están a desenvolver ao longo deste ano 2025.

Durante a reunión, a nova directiva estableceu tamén as liñas estratéxicas de traballo que guiarán a súa acción nos vindeiros meses. Marcáronse como obxectivos: reforzar a colaboración institucional e co tecido socioeconómico, fomentar proxectos de turismo sostible, mellorar a comunicación e apoiar iniciativas que dean visibilidade á riqueza cultural, patrimonial e natural da zona.

A CMAT subliñou a importancia de garantir a estabilidade e continuidade do proxecto iniciado nos últimos anos, consolidando as alianzas existentes e abrindo novas vías de colaboración con institucións, empresas e asociacións. O traballo en rede e a cooperación cos distintos axentes territoriais foron identificados como factores clave para afrontar con éxito os retos de futuro e para posicionar a Costa da Morte como un destino turístico de calidade.

Este primeiro encontro simboliza a vontade compartida de seguir sumando esforzos en beneficio do territorio, afianzando o compromiso coa súa promoción, preservación e desenvolvemento sostible.

Reunión directiva cmat 11 de agosto de 2025 foto 2
Reunión Directiva CMAT 11 de agosto de 2025 foto 2

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.