A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 2025 no marco do proxecto Atlantic Sunset

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperation Day 2025, no marco do proxecto Atlantic Sunset, do que a CMAT é entidade asociada.

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperation Day 2025, no marco do proxecto Atlantic Sunset, do que a CMAT é entidade asociada.

O evento desenvolveuse en dous enclaves emblemáticos, Cabo Touriñán (Muxía) e Cabo Fisterra (Fisterra), coincidindo coa data na que o último solpor de Europa continental se despraza de Galicia a Portugal.

Acto en Cabo Touriñán (Muxía)

A xornada comezou ás 18:00 horas no Faro de Touriñán cunha recepción institucional e a benvida de representantes como o presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martins, e o director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Ángel Miramontes; momento tamén no que tivo lugar a intervención de José Manuel López Vilela, alcalde da Laracha e presidente da CMAT.

Durante o acto entregáronse placas informativas ao Concello de Carnota – polo Monte Pindo – e de Viana do Castelo (Portugal), recoñecendo a súa integración na rede de puntos emblemáticos do proxecto. O momento máis destacado en Touriñán foi a inauguración oficial da placa que identifica este cabo como lugar privilexiado para contemplar o último solpor da Europa continental, coa participación da tenente de alcalde de Muxía, Sandra Vilela; e do Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras.

Acto en Cabo Fisterra

A continuación, a celebración trasladouse á Praza Stephen Hawking en Fisterra, onde ás 19:30 tivo lugar a apertura institucional coa entrega dunha última placa ao Concello de Fisterra, nun acto no que interviñeron o propio alcalde, Luís Insua; o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

O programa incluíu tamén a participación de membros da USC, sobre a importancia simbólica da Costa da Morte no imaxinario do Camiño de Santiago e a súa relación co solpor e sobre a dimensión científica deste fenómeno natural ao cargo do científico e divulgador Jorge Mira. A xornada culminou cunha observación e celebración comunitaria do solpor en Fisterra, acompañada de música, que serviu como peche festivo e simbólico do evento.

Atlantic Sunset: poñendo en valor os solpores atlánticos

O proxecto Atlantic Sunset, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Interreg Atlantic Area Programme, promove unha rede europea de lugares singulares para a observación dos solpores atlánticos. O obxectivo é reforzar a identidade dos territorios, impulsar un turismo sostible, diversificar a economía local e dar visibilidade internacional a enclaves da Costa da Morte.

A celebración do Interreg Cooperation Day 2025 en Galicia consolidou á Costa da Morte como territorio de referencia dentro desta rede europea, combinando natureza, cultura, ciencia e cooperación transnacional.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.