CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla de ruta común para reforzar o Destino Starlight na Costa da Morte

O mércores 5 de novembro celebrouse en Dumbría a primeira reunión entre a directiva da CMAT e a da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte. O encontro serviu para aliñar obxectivos, activar colaboracións no xeodestino e acelerar o traballo cara á renovación do Selo Starlight, consolidando a Costa da Morte como referente do astroturismo en Galicia.
Cmat y astroturismo refuerzan el destino starlight en la costa da morte

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, reducir a contaminación luminosa, e crear unha estratexia común de promoción e divulgación científica. O obxectivo é que o ceo estrellado sexa un activo turístico sostible que xere oportunidades para o territorio durante todo o ano.

Un dos puntos clave foi a renovación do Selo Starlight, imprescindible para que o xeodestino siga certificado como Destino Starlight. A colaboración entre CMAT e a Asociación de Astroturismo permitirá coordinar accións, formación e produtos turísticos específicos (roteiros, observacións, actividades didácticas) que dean resposta á crecente demanda de turismo de estrelas.

Tamén se avanzou na preparación do Eclipse de 2026, unha oportunidade única que require planificación, orde e mensaxes claras para visitantes e veciñanza. Ambas entidades puxeron en valor a aprendizaxe compartida no VIII Encontro Internacional Starlight de Soria (outubro), ao que asistiron para impulsar a Costa da Morte como Destino Starlight.

Asistentes

  • Jose M. López, alcalde da Laracha e presidente da CMAT
  • Margarita Lamela, alcaldesa de Cee e vicepresidenta da CMAT
  • Francisco J. Domíguez, alcalde de Corcubión e secretario da CMAT
  • Sandra Vilela, tenente alcaldesa de Muxía e tesoureira da CMAT
  • María Lema, concelleira de Turismo e Cultura de Dumbría e vogal da CMAT
  • Pepe Formoso, presidente da APTCM e vogal da CMAT
  • Damián Álvarez, secretario da APTCM e vogal da CMAT
  • Yolanda Díaz, presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
  • Nieves Lema, vicepresidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
  • Silvia Bouzas, secretaria da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
  • Andrés García, vogal da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
  • Jacobo Suárez e Marta Baños, Asistencia Técnica da CMAT

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.