Costa da Morte, destino turístico sostible
As construcións emblemáticas da Costa da Morte son mostra dun pasado no que se aproveitaban todos os recursos desta terra. Son un reflexo dunha cultura que se adaptou a unha xeografía e clima e que a día de hoxe poderás percorrer descubrindo todos os seus segredos.
Aquí poderás atopar todas as construcións emblemáticas, toda a información que necesitas e as súas localizacións.
Cando recorres a Costa da Morte recorres a arquitectura e o enxeño das persoas que a habitaron.
Arquitectura e enxeño para crear pontes que conectan as dúas partes dun río e que resultan imprescindibles para chegar aos pobos nos extremos de cada ría.
Arquitectura e enxeño ao aproveita-la forza da auga para poder crear muíños cos que mole-los cereais, ou batáns cos que golpea-las telas para darlles unha textura máis compacta e homoxénea.
Arquitectura e enxeño na creación de hórreos que mantiñan as colleitas protexidas das inclemencias e dos posibles ladróns da natureza
Arquitectura e enxeño na construcción de pazos e castelos que perduran no tempo e son exemplo das posibilidades desta terra milenaria.
Porque cando recorres a Costa da Morte recorres a súa arquitectura e enxeño que te permiten tocar e interactuar coa súa historia e mesmo revivila.
Descobre todos os segredos de la Costa da Morte
Orixe da terra, do ceo e do mar
Descobre paisaxes únicas e monumentos históricos que te deixarán sen alento.
Vive aventuras inesquecibles con actividades para todos os gustos e idades.
Ensinámoste cómo chegar e cómo moverte pola Costa da Morte.
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!