A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da Morte o 11 de novembro no Pazo de Villar de Francos, en Carballo 

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza o V Encontro Anual de Turismo da Costa  da Morte, que terá lugar o martes 11 de novembro de 2025 no Pazo de Villar de Francos  (Carballo). O evento conta coa financiación da Axencia Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación da Coruña. 
Xunta directiva 011025 (1)

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de experiencias e impulsar o desenvolvemento económico e social do xeodestino  Costa da Morte. 

Na súa última edición, celebrada no Pazo de Trasariz (Vimianzo), o encontro reuniu a numerosos  representantes públicos e privados implicados na promoción turística da zona. Este ano, o  obxectivo volve ser fortalecer a colaboración entre entidades, fomentar sinerxías e consolidar  unha rede de traballo conxunto en favor dun turismo sostible e de calidade. 

O Pazo de Villar de Francos, escenario escollido para esta edición na última reunión da Xunta  Directiva, é un espazo cargado de historia e simbolismo. O edificio ergueuse arredor dunha antiga  torre defensiva do século XVI e desenvolveuse ao longo do XVII. Durante anos foi residencia do  marqués de Atalaya, que o habitou ata a década dos noventa. A elección deste emblemático pazo  como sede do encontro foi acordada na última reunión da xunta directiva da CMAT, celebrada o  pasado 1 de outubro. 

Durante a xornada, a asociación fará balance das accións e proxectos desenvolvidos ao longo do  ano, compartindo resultados, novas propostas e retos de futuro para seguir facendo medrar o  destino. Ademais, renderase homenaxe ás mulleres do territorio, recoñecendo o labor do  colectivo das palilleiras, que elaborarán o agasallo que se entregará ao ou á embaixador/a desta  edición. 

Pazo villar de francos (1)
Pazo Villar de Francos (1)

Un evento cada vez máis asentado 

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte ten como obxectivo ser un punto de encontro dos  axentes públicos e privados do territorio, que traballan cada día para mellorar o destino turístico  da Costa da Morte. A andadura deste encontro comezou no ano 2021 no Parador Costa da Morte,  en Muxía. As seguintes edicións foron en Costa Caión (Caión, A Laracha), na Torre de Laxe (Laxe) e  no Pazo de Trasariz (Vimianzo). Nesta quinta edición tamén se fará entrega do III Premio Embaixador/a Costa da Morte,  recoñecemento á traxectoria e compromiso coa promoción da comarca. A persoa elixida sumarase  así a Bieito Romero, membro fundador do grupo Luar na Lubre, e a Jorge Mira, catedrático de Física  Aplicada da USC, distinguidos nas dúas primeiras edicións do galardón.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.