Intercambio de boas prácticas de xestión turística entre a Costa da Morte e Uribe
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) arrancou hoxe a visita de intercambio de boas prácticas á comarca de Uribe (Bizkaia), cun programa organizado da man da Asociación de Desenvolvemento Jata-Ondo, entidade ao cargo do turismo neste destino.
Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal, presidente e alcalde de Laukiz; Jokin Etxebarria, xerente; e Jagoba Martínez, técnico da entidade), que compartiron coa Xunta Directiva da CMAT os seus programas turísticos e o funcionamento da xestión do seu destino.
A continuación, os anfitrións de Jata-Ondo e representantes institucionais acompañaron á comitiva da CMAT para presentarlles o seu proxecto xeolóxico do Flysch de Bizkaia, en Barrika e Sopela (coa participación de Eder García, concelleiro de promoción económica e turismo en Sopela).
Pola tarde, continuaron as visitas para coñecer outras iniciativas como o caserío Landetxo Goikoa en Munguía (cunha presentación por parte da alcaldesa, Alaitz Erkoreka, e a tenente de alcalde, Nagore Torre) e a explotación agrícola Mustai Ortua en Maruri-Jatabe (xunto ao alcalde Erlantz Urresti).
Unha primeira xornada moi enriquecedora para descubrir o que está a funcionar noutros territorios similares á Costa da Morte e sacar ideas para poder aplicar no territorio.
“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...
A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...
A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...
A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...
O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...
CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...
Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...
Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025
A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...
A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...
A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...
A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da Costa da M...
Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer o intercambio de e...
A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...
A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...
A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...
O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...
A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...
A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día
Newsletter Costa da Morte
Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!