A CMAT celebra os éxitos do sector turístico durante o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edición deste Encontro que cada ano reúne aos axentes públicos e privados do sector turístico da Costa da Morte
Gcnz2 Rwkaa Bvv 11zon

O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano reúne aos axentes públicos e privados do sector turístico da Costa da Morte

ZAS, 13/11/2024. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) valora de xeito moi positivo o desenvolvemento do IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, un evento que conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia, grazas ao convenio de colaboración entre a CMAT e Turismo de Galicia, e que neste ano contou con diversos relatorios para facer balance dun ano con moita actividade.

Un balance positivo do ano

O evento, conducido polo locutor Francisco Rodríguez, comezou ás 18 horas no Pazo de Trasariz, en Vimianzo. Durante o mesmo, houbo oportunidade para que a CMAT fixera unha reflexión sobre o desenvolvemento dos seus proxectos durante o último ano

Neste sentido, durante a súa intervención para dar a benvida ás persoas asistentes,  Manuel Muíño, presidente da CMAT, quixo destacar a importancia do papel das persoas no desenvolvemento da Costa da Morte: «Ademais dos nosos solpores, das praias e ríos e da natureza salvaxe; as persoas que traballades cada día no desenvolvemento deste territorio en diferentes sectores, sodes imprescindibles e as verdadeiras artífices dos éxitos da Costa da Morte. Coa vosa ilusión e esforzo facedes medrar cada día este territorio».

Muino Cmato Iv Encontro 1 11zon
Manuel Muíño, presidente da CMAT

Con respecto aos fitos acadados este ano, Muíño salientou a celebración do VII Encontro Internacional Starlight na Costa da Morte: «Desde que se organizou este Congreso, ao que acudiu xente de toda a península, demostramos que si se pode facer unha gran cita na Costa da Morte. Temos capacidade hoteleira, de restauración e podemos mostrar ao mundo a grande riqueza natural do noso territorio. Acabamos de abrir unha nova vía e agora hai que seguir traballando, pero temos que sentirnos moi orgullosos desta meta». 

A implicación institucional no desenvolvemento da Costa da Morte

Durante o evento, ademais da intervención de Manuel Muíño, participaron como relatores outros representantes institucionais como Raquel Sánchez, presidenta de Paradores de Turismo de España; Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia e Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado da área de Turismo.

Raquel Sánchez, presidenta de Paradores de Turismo, agradeceu a acollida da CMAT durante a súa visita e quixo lembrar o compromiso de Paradores co turismo na Costa da Morte: «La CMAT y el resto de instituciones implicadas en el desarrollo turístico de la Costa da Morte cuentan con el apoyo de todo el equipo de Paradores y más concretamente del Parador de Muxía, través de su director de Julio Castro. Seguiremos trabajando y poniendo en valor la importancia de las instituciones públicas como impulsoras de empleo y turismo de calidad».

Raquel Sanchez
Raquel Sánchez, presidenta de Paradores de Turismo

Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Turismo de Galicia, aproveitou a súa intervención para destacar os bos datos do sector turístico na comunidade e na Costa da Morte en particular: «O desenvolvemento turístico da Costa da Morte é moi positivo, cun crecemento do 13% de visitantes no último ano. Esperamos que esta progresión se consolide e o turismo continúe sendo durante moitos anos unha das grandes fortalezas da Costa da Morte».

Encontro
Xosé Manuel Merelles, Director de Turismo de Galicia

Pola súa banda, Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado da Área de Turismo, quixo comentar varios dos retos que a provincia da Coruña e a Costa da Morte terán que afrontar no futuro relacionados coa sostibilidade e o emprego: «O turismo para a provincia da Coruña supón o 14% do emprego. A nivel turístico, somos un destino consolidado grazas á coordinación das diferentes institucións e do sector privado. Grazas a esta colaboración, batemos récords ano tras ano. Pero nos próximos anos, debido ao cambio climático, a xente buscará viaxar máis cara o noso destino por ser un refuxio climático, polo que é importante que comecemos a articular entre todos unha estratexia de cara ao futuro».

A importancia dun sector privado forte e organizado

Por parte do sector privado, puideron intervir tanto Pepe Formoso, presidente da Asociación de Profesionais do sector Turistico da Costa da Morte (APTCM) e secretario da CMAT; como Begoña Fernández, da empresa STOUPA.

Img 8017 2 11zon
Pepe Formoso, secretario da CMAT e presidente de APTCM

Para Formoso, o asociacionismo empresarial é clave como motor de cambio no desenvolvemento turístico da Costa da Morte: «Só indo da man é como podemos levar adiante os grandes retos que ten a Costa da Morte. O sector privado é fundamental para este territorio e temos que demostrar que temos músculo. Cando somos capaces de empregar toda a nosa paixón e o noso esforzo para sacar adiante os nosos proxectos, é cando demostramos que a Costa da Morte é única». Tamén quixo aproveitar a presesencia da presidenta de Paradores para solicitar a máxima implicación do Parador da Costa da Morte co turismo da contorna: «Solicitámoslle a Raquel Sánchez a máxima implicación do Parador de Muxía co turismo para que abra as súas portas o máximo período posible durante o ano. E que poida prescribir os aloxamentos da comarca cando o Parador teña a súa ocupación completa».

Begoña Fernández, da empresa STOUPA, levou adiante unha exposicion de artesanía da Costa da Morte e un breve relatorio sobre a importancia da artesanía no noso territorio, no que agradeceu a labor da xente que traballa neste sector: «A artesanía forma parte do patrimonio vivo do noso territorio grazas ao traballo diario das persoas artesás da Costa da Morte, que pensan coas mans e traballan co corazón para manter vivas as nosas tradicións». 

Na exposición de artesanía, puidérnose mostrar diferentes pezas de artesáns da Costa da Morte que evidencian a calidade e a importancia deste sector para o emprego, a cultura e o desenvolvemento do territorio.

Premios do I Concurso Fotográfico «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe»

Durante o Encontro foron expostas tamén as fotografias finalistas da primeira edición deste concurso. Á hora de anunciar as persoas gañadoras, María Lema, vicepresidenta da CMAT e membro do xurado, quixo destacar a variedade e calidade de fotografías participantes.  

En canto ás fotografías gañadoras, Daniel Mata, residente en Madrid, logrou o Premio do Xurado tras recibir a máxima puntuación do mesmo coa súa fotografía do Faro Roncudo no solpor. O xurado destacou «o bo contraste, onde se observa unha persoa sentada de lado do faro que lle da un toque misterioso a fotografía». As outras dúas fotografías finalistas foron unha de Rafael Quintáns, que capturou un arco da vella sobre a fervenza do Ézaro; e unha de Mara Aguilar, cunha instantánea dun peregrino xunto ao Santuario da Virxe da Barca de Muxía nun día de intensa brétema.

O Premio do Público, pola súa banda, foi entregado a Uxía García Pereira, blogueira de viaxes de A Coruña, que cunha fotografía vertical da impoñente Furna Furada (Carballo), logrou máis de 1.000 “gústames” na publicación de Instagram coa que participou no concurso.

Ademais da exposición das súas fotografías durante o evento e dun diploma, os gañadores recibiron como premio nunha noite para dúas persoas nun establecemento da Costa da Morte e unha experiencia gastronómica.

Para María Lema, a boa participación desta primeira edición é unha gran noticia: «Desde a Xunta Directiva da CMAT, gustaríanos levar adiante novas edicións deste concurso para seguir visibilizando a natureza salvaxe da Costa da Morte e para coñecer o punto de vista das persoas que nos visitan e que viven aquí».

Bieito Romero, novo Embaixador da Costa da Morte

Bieito
Bieito Romero coa Xunta Directiva da CMAT

Como broche final a este IV Encontro de Turismo, entregouse o galardón de Embaixador de Costa da Morte ao músico Bieito Romero, do coñecido grupo Luar na Lubre. Tras un intenso aplauso por parte do público asistente, Bieito Romero quixo agradecer o recoñecemento e facer un repaso pola importancia que ten a Costa da Morte na traxectoria da música do seu grupo: «Este recoñecemento é un gran honor para min. Na Costa da Morte síntome como en casa e é unha parte moi importante da miña vida». 

A quenda de intervencións finalizou coa despedida de Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, que quixo agradecer a todas as persoas asistentes, profesionais e traballadoras o esforzo para celebrar este IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte e destacar o valor da Costa da Morte como territorio: «A Costa da Morte ten moito que ofrecer, e non só a nivel paisaxístico, senón tamén a través de actividades, gastronomía e da nosa xente. A hospitalidade da nosa terra é clave, porque a Costa da Morte non é só un destino turístico, é unha experiencia para vivir cos cinco sentidos e que deixa pegada».

Encontro 1
Luar na Lubre ao vivo

Tras a intervención de Mónica Rodríguez, as persoas asistentes puideron gozar dunha actuación en directo de Luar na Lubre, que interpretou coñecidos temas como «Camariñas», «Tu gitana» e «Mártiros e o Vákner».

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

Historias e lendas mariñeiras da Costa da Morte: mitos,...

A Costa da Morte é moito máis que un destino de natureza salvaxe e praias infinitas. A súa historia está vencellada ao m...

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Vilas con encanto na Costa da Morte: rutas por Corme, C...

Se buscas vilas con encanto na Costa da Morte, atoparás moitas. Desde Caión no punto máis septentrional, ata Carnota no ...

Que festas gastronómicas hai na Costa da Morte?

Pregúntaste que festas gastronómicas hai na Costa da Morte? Aquí traemos a selección completa! A gastronomía é un pil...

Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde ...

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amant...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.