A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración dunha nova mesa interpretativa do proxecto Atlantic Sunset

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) participou onte en Viana do Castelo (Portugal) no acto oficial de inauguración dunha nova mesa interpretativa do proxecto Atlantic Sunset, iniciativa europea que identifica os puntos desde os que se observa o último solpor da Europa atlántica.

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandra Vilela Riveiro —tesoureira da entidade e tenente de alcalde de Muxía— e polo alcalde de Fisterra, Luis M. Ínsua Lago, que acompañaron ás autoridades portuguesas e aos socios do proxecto nun encontro simbólico celebrado xunto ao Farol de Montedor, en Carreço (Viana do Castelo).

Este acto supón unha continuación natural do celebrado o pasado 19 de setembro na Costa da Morte, durante o Interreg Cooperation Day, no que se inauguraron as primeiras mesas interpretativas en Cabo Touriñán, Monte Pindo e Cabo Fisterra. Ademais, no marco do proxecto tamén está prevista a instalación dunha mesa interpretativa en Muxía, reforzando así os puntos clave desde os que se contempla o último solpor da Europa continental ao longo do ano.

Para a CMAT, ser entidade asociada do proxecto Atlantic Sunset representa unha “oportunidade estratéxica para fortalecer a cooperación co norte de Portugal e reforzar a identidade atlántica compartida”, tal e como destacou o seu presidente durante a intervención. Así mesmo, subliñou que este proxecto permite avanzar na creación de produtos turísticos sostibles baseados no patrimonio natural, cultural e científico, en colaboración con universidades e centros de investigación de ambos lados da fronteira.

O proyecto Atlantic Sunset, do que tamén é socia a Universidade de Santiago de Compostela, está coordinado pola Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER) e conta co apoio do Programa Interreg Atlantic Area. O seu obxectivo é crear unha rede atlántica que poña en valor as postas de sol como recurso patrimonial, turístico e identitario común.

👉 Máis información sobre o proxecto:
https://atlanticsunset.eu/

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT presenta en Carballo a nova unidade didáctica da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística celebrou hoxe nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, en Carballo, a segunda ...

A CMAT presenta a primeira unidade didáctica dixital da...

A CMAT – Costa da Morte Asociación Turística presentou esta mañá na Casa da Cultura de Corcubión a nova unidade didáctic...

A CMAT aborda co sector do autocaravanismo a procura du...

Aproveitando a celebración da xuntanza, a entidade mantivo tamén unha reunión de traballo co vicepresidente da Asociació...

A Costa da Morte prepárase para a eclipse cunha xornada...

A CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo celebrou este martes en Caión unha xornada de divulgación arredor da eclip...

A Costa da Morte recoñece o compromiso coa calidade tur...

A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun ...

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.