O Camiño de Santiago á fin do mundo: Fisterra e Muxía

Este camiño é a última etapa dun viaxe espiritual que non remata en Santiago, senón que continúa ata o océano Atlántico, onde a maxestosidade do paisaxe e as tradicións galegas ofrecen unha experiencia memorable.
Campaña Camiño Fisterra Peregrinos Solpor30

Cada vez son máis os peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata o fin do mundo, ben ata o Faro de Fisterra ou ben ata o Santuario da Virxe da Barca en Muxía.

Esta ruta ten un gran valor emocional, máis alá da beleza da ruta de sendeirismo en si. Falamos de dous destinos que ofrecen unha experiencia única e mística, como o punto final dunha travesía que simboliza o peche dun ciclo.

Este camiño é a última etapa dun viaxe espiritual que non remata en Santiago, senón que continúa ata o océano Atlántico, onde a maxestosidade do paisaxe e as tradicións galegas ofrecen unha experiencia memorable.

Faro De Fisterra 00004

Por onde pasa o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía?

Iníciase en Santiago e a primeira etapa une a capital galega con Negreira, aínda fóra da Costa da Morte. A seguinte etapa une Negreira con Olveiroa, xa dentro do noso territorio. Olveiroa a Cee é a seguinte. Cee a Fisterra é a que leva ao fin do mundo.

Fisterra a Muxía para completar a ruta.

Ao longo da ruta, subiranse diferentes montes, como o Monte Aro desde o que se avistará o embalse da Fervenza. Nos quilómetros que suma esta ruta, pasarase por moitas ermitas, capelas e igrexas. E incontables cruceiros.

Poderase disfrutar de pequenos pobos, da natureza máis profunda e dos vestixios que, tanto os antigos como os actuais pobos, enchen esta terra.

Ao chegar a Cee poderemos ver o mar por primeira vez e a subida ao Faro de Fisterra será verse cara a cara co fin do mundo. Para rematar a ruta en Muxía, o océano manterase á nosa esquerda ao longo de toda a ruta, podendo disfrutar de fermosos penedos e praias infinitas.

En conclusión, o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía pasa por toda a esencia da Costa da Morte.

Cantos quilómetros son o Camiño á fin do mundo?

Seis etapas e case 120 quilómetros, para descubrir o interior da Costa da Morte e o fin do mundo. Esta ruta aspira a non ser unha simple ruta, senón un viaxe espiritual.

1606466998 Secc 828 1 2.jpg

Onde aloxarse?

Ao longo do Camiño atoparás diferentes albergues, que farán o trayecto máis levadeiro. As etapas están ben diferenciadas e non terás problema por atopar onde durmir. Tamén atoparás pensións e casas rurais nas que durmir.
Se buscas uns aloxamentos máis especiais, en Fisterra podes durmir no propio faro e en Muxía en un Parador nacional.

Que levar no Camiño?

Estes consellos, se xa estás facendo a ruta máis longa, probablemente non che sexan de moita axuda. Pero se te estás plantexando facer esta ruta como a principal, aquí che deixamos algúns consellos:

• É importante levar roupa e calzado cómodo e resistente, xa que a ruta, aínda que non tan longa como as etapas principais do Camiño, segue sendo esixente en algunhas seccións.
• Ademais, non esquezas levar roupa adecuada para a chuvia, xa que o clima en Galicia pode ser impredecible. Un bo chubasqueiro e unha mochila impermeable axudarán a manterte seco no caso de mal tempo.
• Tamén é recomendable levar protector solar xa que, a pesar da chuvia, a exposición ao sol pode ser considerable.

Coidado ci Vákner

Isto non é un consello. É unha broma! O Vákner é un ser mitolóxico que o Concello de Dumbría, por onde transcorre o camiño, decidiu rescatar e utilizar en esculturas e murais. Conta a lenda que o Vákner, metade home metade lobo, aparecíalle aos peregrinos polo monte.

Dumbría Plan 7 Territorio Vákner

Coas súas impresionantes vistas, pobos pintorescos e a conexión co mar, este tramo final da peregrinaxe é o peche perfecto para os camiñantes que buscan unha experiencia máis profunda. Xa sexa para completar o teu viaxe de peregrinaxe ou para explorar a Costa da Morte, Fisterra e Muxía ofrecen unha combinación perfecta de historia, espiritualidade e beleza natural que non podes perderte.

Cando fagas o teu camiño pola zona, non esquezas etiquetarnos nas fotos que subas a Instagram na nosa conta @visitacostadamorte

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque car...

Que facer un fin de semana na Costa da Morte

Se te preguntas que facer unha fin de semana na Costa da Morte, aquí traémosche un itinerario perfecto para descubrir es...

TORRES DO ALLO, UN DOS PRIMEIROS PAZOS DE GALICIA

Moi preto da vila de Baio, no km 55 da estrada C-552 da Coruña a Fisterra, sitúase o pazo das Torres do Allo, unha das m...

MENS, TERRA DE MONXES E NOBRES

A parroquia de Santiago de Mens, situada a uns 6 km da vila de Malpica, seguindo a estrada DP-4307 cara a Ponteceso, con...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Xoves
    23
    Xullo

    Concerto de Picanha de...

    O concerto de Picanha de Chernobill celebrarase o xoves 23 de xullo de...

  • Xoves
    23
    Xullo

    Contacontos infantil A...

    O xoves 23 de xullo de 2026 ás 11:30 horas, a Biblioteca Pública Munic...

  • Xoves
    23
    Xullo

    Presentación do libro ...

    A presentación do libro «La vida como préstamo», de José Manuel Otero ...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.