Como aprender a surfear: Guía para principiantes desde a Costa da Morte

Desde os trucos de seguridade, pasando polas mellores praias para iniciarte neste deporte
Playas de Surf Costa da Morte

A Costa da Morte, coa súa natureza salvaxe e ondas de diferente tipo, converteuse nun destino moi popular entre os amantes do surf de todos os niveis. Tanto se acabas de comear como se nunca pisaches unha táboa, contarémosche o necesario para aprender a surfear. ¿Listo? 🏄🏼‍♂️

Por que a Costa da Morte é un bo lugar para aprender a surfear?

A Costa da Morte conta con moitas praias ideais para todos os niveis, desde principiantes ata surfistas intermedios e avanzados. As súas ondas constantes durante todo o ano, a diversidade de rompentes e a menor masificación en comparación con outros destinos convértena nun lugar perfecto para aprender con tranquilidade. Ademais, a súa contorna natural ofrece unha experiencia inigualable.

Pequena advertencia: é importante que sexas consciente do teu nivel e que non te aventures só. Para comezar, intenta sempre facelo cunha escola e, cando teñas máis nivel, busca amizades ou xente que tamén faga surf para evitar sustos. Seguridade ante todo e respecto ao mar.

Como comezar a surfear? Consellos para principiantes

Aprender a surfear require paciencia e perseveranza. É un deporte precioso pero, en ocasións, pode parecer frustrante e desagradecido. Estes consellos axudarán a mellorar a túa experiencia e a non deixalo á primeira de cambio:

  • Toma clases con profesionais: Unha escola de surf axudarache a aprender moito máis rápido. Ensinaranche técnicas básicas, normas de seguridade e a familiarizarte coas ondas.
  • Elixe a táboa adecuada: Para principiantes, o mellor é unha táboa grande e con boa flotabilidade, como un softboard. Evita escoller unha táboa unicamente pola súa estética. Cantas máis ondas collas ao principio, mellor, e o típico “corchopán” será o teu mellor aliado.
  • Quenta e estira antes de entrar na auga: O surf é un deporte esixente a nivel muscular e cardiovascular, polo que un bo quecemento pode evitar sustos e lesións na auga.
  • Aprende a ler o mar: Observa as correntes, as series de ondas e os posibles perigos antes de lanzarte. Sempre que teñas a oportunidade, pregunta aos surfistas locais ou a persoas da zona que coñezan ben a praia.
  • Non te frustres: Como che dixemos, o surf pode ser un deporte frustrante e desafiante. Pero tamén é un deporte marabilloso porque estás en contacto con elementos naturais como o mar, a area e o vento. Déixate levar pola súa maxia, practica e verás como melloras.

As mellores praias para aprender a surfear

Unha vez interiorizados estes trucos, xa estás preparado para dar os teus primeiros pasos no surf. A Costa da Morte é un destino perfecto para comezar a surfear, así que aquí tes algunhas das mellores praias para iniciarte:

1. Praia de Razo (Carballo)

Considerada unha das mellores praias para aprender a surfear, cunha ampla zona de area e ondas consistentes todo o ano. Ademais, aquí atópanse algunhas das mellores escolas de surf da zona e o seu pobo é moi acolledor. Se ademais che gusta o surf profesional, aquí celébrase o Cabreiroá Junior Pro Razo.

2. Praia de Nemiña (Muxía)

Este areal é ideal para principiantes grazas ao seu fondo de area e a progresividade das súas ondas. Ademais, é menos concorrido ca outros spots de surf e conta cunha escola de surf. O mellor deste lugar é que o vento que mellor funciona é o nordés, un vento moi común no verán na Costa da Morte e que estraga as ondas noutros puntos do territorio.

Praia De Nemiña Muxía 22

3. Praia de Area Maior (Malpica de Bergantiños)

Unha praia urbana no centro do pobo mariñeiro de Malpica de Bergantiños. É unha boa alternativa se prefires aprender a surfear nun lugar algo máis concorrido. A xente é moi amable e conta cunha escola de surf referencia na zona. Funciona mellor con marea baixa subindo.

Playa De Malpica

4. Praia de Caión (A Laracha)

É unha das praias preferidas polos surfistas pola súa proximidade á cidade da Coruña. É recoñecida pola constancia das súas ondas no verán. Funciona con diferentes orientacións de vento, pero a mellor combinación é cando o swell entra do noroeste e o vento do sueste. As mellores ondas danse con marea media-alta. É unha praia que conta con todo tipo de servizos.

Caión A Laracha 00005

Existen moitas outras praias con outros niveis, pero é importante que, se o teu nivel é baixo ou aínda non comezaches, probes primeiro con estas.

Seguridade na auga

Coñezas ou non a Costa da Morte, é importante lembrar que o Atlántico é un océano ao que hai que terlle moito respecto. Polo tanto, é fundamental seguir varias normas de seguridade á hora de surfear:

  • Non entres na auga só.
  • Consulta as previsións do mar antes de surfear.
  • Respecta as normas de prioridade no surf e aos surfistas locais.
  • Por favor, usa leash ou invento para evitar accidentes.
  • Se te cansas, mantén a calma, súbete á táboa e respira ata recuperar enerxía.
  • Se tes algún problema dentro da auga, pide axuda a outros surfistas.

Conclusión

Surfear na Costa da Morte é unha experiencia inesquecible. As súas praias, a súa contorna e as súas ondas fan deste lugar un destino perfecto para aqueles que queren iniciarse neste deporte. Se segues estes consellos e practicas con paciencia, pronto estarás gozando da sensación de deslizarte sobre as ondas do Atlántico.

Vémonos na auga! 🌊 Se precisas máis información sobre algunha das praias, escríbenos nas nosas redes sociais.

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE

A vila ceense, situada na cabeceira da ría de Corcubión, ten unha longa historia que comeza no século XII, cando o arceb...

Avistamentos de baleas na Costa da Morte: unha experien...

Hai momentos nos que a natureza nos regala espectáculos imposibles de olvidar. Un delas é recoller a unha ballena surcan...

Turismo Sostenible na Costa da Morte: Descobre sen deix...

A Costa da Morte conta cun patrimonio natural excelente, vivo e salvaxe. Por desgraza, a súa beleza non é eterna se non ...

PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO

A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deixándonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e ...

O Camiño de Santiago á fin do mundo: Fisterra e Muxía

Cada vez son máis os peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata o fin do mundo, ben ata o Faro de Fisterr...

CABO FISTERRA, A ÚLTIMA PARADA CARA AO ALÉN

Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se poña a contemplar o mar sen saber que máis alá se atopa o continente ...

Puntos de información turística na Costa da Morte 2025:...

¿Preparando as túas vacacións na Costa da Morte? Coa Guía 2025 de Puntos de información turística na Costa da Morte, ter...

CASTRO “A CIDÁ ”, A VIDA NUNHA ALDEA DA PREHISTORIA

O castro “A Cidá” de Borneiro (Cabana de Bergantiños), situado preto do dolmen de Dombate, representa unha excelente mos...

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Xoves
    10
    Setembro

    Ecos da Barca: Semana ...

    Ecos da Barca propón unha semana cultural en Muxía do 4 ao 10 de setem...

  • Sábado
    12
    Setembro

    Sesión DJ en Plaia das...

    A Romaría da Barca 2026 tamén se vive a ritmo de música no porto de Mu...

  • Sábado
    12
    Setembro

    23º Autocross de Carba...

    O 23º Autocross de Carballo disputarase o sábado 12 de setembro de 202...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.