Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na comarca de Uribe 

A CMAT vén de realizar unha viaxe institucional á comarca de Uribe (Bizkaia) para coñecer de primeira man boas prácticas en xestión turística sostible. Durante dous días, representantes da asociación participaron en visitas técnicas, encontros institucionais e reunións con profesionais do sector, obtendo ideas valiosas que poden aplicarse no noso territorio para mellorar a calidade e competitividade do destino Costa da Morte.
Segunda jornada de la directiva de la cmat en uribe 00001

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que responde á intención de seguir a mellorar a xestión turística da Costa  da Morte a través do coñecemento directo doutras experiencias de éxito. 

Para acadar o máximo beneficio do intercambio, desde a asociación buscouse un destino  de natureza similar á propia Costa da Morte: un territorio formado por gran número de  concellos, con zona de costa e interior, ubicado preto dunha cidade e cun punto de interese  turística con elevada afluencia. Tendo estes criterios en conta, a Comarca de Uribe, en  Bizkaia, cuxa xestión turística está ao carga da Asociación de Desenvolvemento Rural Jata Ondo, cumpría todos os requisitos. 

A comitiva da CMAT encabezada por Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas e  presidente da CMAT; acompañado por María Lema Santabaya, concelleira de Turismo de  Dumbría e vicepresidenta da entidade; Pepe Formoso Mourelos, presidente da APTCM e  secretario da CMAT; José Muíño Domínguez, alcalde de Cabana e tesoureiro da CMAT;  Damián Álvarez Tajes, secretario da APTCM e vocal da CMAT; e Marta Baños Talaván,  responsable da asistencia técnica da CMAT (GOODLIFE); realizou o seguinte programa da  man dos representantes de Jata-Ondo,Jokin Etxebarria (xerente) e Jagoba Martinez (técnico  de turismo): 

14 DE MAYO – MIÉRCOLES 

9:00 h. Encuentro institucional e presentación da Comarca de Uribe na casa consistorial  de Laukiz; xunto a Ion Gorka Elgezabal, presidente de Jata-Ondo e alcalde. 

11:00 h. Visita Flysch de Bizkaia (Barrika- Sopela) coa participación de Eder García,  concelleiro de promoción económica e turismo en Sopela.  

16:00 h. Visita al caserío Landetxo Goikoa de Mungia, coa presentación por parte da  alcaldesa, Alaitz Erkoreka, e a tenente de alcalde, Nagore Torre. 

17:30 h. Visita explotación agrícola Mustai Ortua, xunto ao alcalde de Maruri-Jatabe,  Erlantz Urresti. 

19:00 h. Visita al Castillo de Butrón.

15 DE MAYO – JUEVES 

9:00 h. Visita a San Juan de Gaztelugatxe, para coñecer o sistema de control de aforo  mediante reservas e os paneis interactivos instalados para mellorar xestión sostible do  punto turístico e a experiencia das persoas visitantes. 

12:00 h. Conocer o núcleo urbano, camino de Santiago e a Ruta Medieval en Larrabetzu. 

13:00 h. Visita ás instalacións de “A Gilda do Norte” xunto a representantes da deputación  foral de Bizkaia: Leire Sáez (Directora de turismo da deputación foral de Bizkaia), Dicky do  Hoyo (Responsable de comunicación do departamento de transportes mobilidade e  turismo) e Aitor Apraiz (Asistencia técnica do departamento de turismo). 

16:00 h. Reunión con empresarios do sector turístico de Uribe — hostalaría, aloxamentos  e turismo activo —, na que abordouse o modelo de gobernanza impulsado por Jata-Ondo,  que articula a colaboración entre o sector público e o privado en comparación co modelo  presente na CMAT. 

A valoración por parte dos representantes da CMAT desta visita é moi positiva: O contacto  directo con este destino turístico, que enfronta retos semellantes aos da Costa da Morte,  permitiu identificar solucións prácticas e contrastadas, que poden ser aplicadas á  realidade do noso territorio. Ademais, este tipo de intercambios fomentan o  establecemento de redes de colaboración entre territorios, enriquecendo a visión e  capacidade técnica dos axentes locais implicados na xestión do turismo. 

Esta iniciativa contribúe tamén a impulsar a profesionalización do sector, mellorar a  calidade da oferta turística e avanzar cara a unha xestión máis sostible, innovadora e  participativa do destino. Por tanto, considérase unha ferramenta eficaz para reforzar o  posicionamento do noso territorio como destino turístico de referencia. 

Tras esta viaxe intensa e inspiradora, a Asociación regresa a casa con ideas valiosas para  seguir fortalecendo un turismo na Costa da Morte. 

Trátase dunha acción estratéxica incluída dentro do programa de subvencións dirixido a  entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da  calidade, competitividade e actividades turísticas, da provincia da Coruña pola Deputación  da Coruña; co obxectivo de observar, analizar e adaptar modelos innovadores de  desenvolvemento turístico sostible, promoción do destino, participación do tecido  empresarial local e a xestión de fluxos de visitantes.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...

Únete ao novo canal de Telegram da Costa da Morte

Descubre unha nova forma de estar conectado coa Costa da Morte a través de Telegram, unha app de mensaxería que é moito ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.