Semana Santa Fisterra

Semana santa fisterra

A Semana Santa da vila de Finisterre, declarada como de Interese Turístico Nacional, consta de 5 días de representacións cos seus diferentes actos representativos, litúrxicos e procesionais, nos que o pobo se volva asumindo cada un o seu posto e o seu papel para dar vida á Paixón, Morte e Resurrección de Cristo.

 

A vila do Cristo da Barba Dourada cuns case 5000 habitantes vístese de Paixón para celebrar a súa Semana Santa. Uns 500 penitentes, outros tantos portadores, organizadores, personaxes viventes,… O pobo enteiro entrégase a esta tradición arraigada desde o S. XIV. Moita xente traballa todo o ano para que as imaxes vistan os seus mellores galas, os portadores, tronos, traxes dos personaxes viventes, etc. A Semana Santa de Fisterra atesoura un dos patrimonios máis valiosos do mundo, co Cristo da Barba Dourada do s. XIV; a implicación de todos os fisterranos nas celebracións, o fervor co que se vive no pobo e o orgullo que senten de formar parte desta celebración tan íntima e tan universal. A tradición, a fe, a devoción, a cultura e unha singularidade única únense na Semana Santa Fisterrá. As procesións son únicas, onde a xente participa desde o principio ata o final, non son desfiles procesionais senón procesións nas que se pode participar completamente.

 

A Semana Santa da vila de Fisterra, sen dúbida, é unha das celebracións máis grandes de toda Galicia que se realizan nestas datas. O trazo principal que a caracteriza e a diferenza das outras Semanas Santas que podemos atopar na comunidade é que a maior parte dos actos son representacións realizadas polos propios fisterráns de carne e óso, seguindo textos de orixe inmemorial, algúns datados da Idade Media, que se entregan con fervor á organización e celebración da nosa Semana de Paixón, motivo de orgullo dos fisterráns desde hai séculos. Son os habitantes de Fisterra os mesmos que representan aos apóstolos na Última Cea, na Oración do Horto, xudeus que prenden a Jesús, Marías que lle acompañan no acto do Desencravo, e as Confrarías que participan vestindo á súa imaxe e procesionando en cando momento da Semana Paixón.

 

É curioso, ademais, que gran parte dos participantes sexan xente nova, algo que contrasta co que acontece noutras vilas e pobos galegos, onde as celebracións relixiosas han quedado relegadas á xente maior. O marco incomparable onde se desenvolven a maioría das celebracións gravita ao redor da igrexa Parroquial de Santamaría das Areas, declarado Monumento Histórico-Artístico no ano 1985. A calidade e variedade das celebracións, conseguen atraer a decenas de miles de visitantes, interesados no valor relixioso, artístico e etnográfico dos eventos.

 

Cada día, cada ano crece mais o traballo e devoción para que a cultura de Fisterra non se perda. Os actos con personaxes viventes son únicos. Poucas Semanas Santas aúnan personaxes viventes con imaxes de mais de 2 séculos de historia. É unha Semana Santa única recoñecida en Galicia como unha das máis importante xunto a Viveiro e Ferrol que xa foron declaradas de Interese Turístico Internacional. A xente que chega ás nosas terras en Semana Santa queda perplexo do traballo, a devoción, a organización e a participación das xentes de Fisterra.

 

Se de algo esta orgulloso Fisterra é da súa Semana Santa e do alto grao de participación que ten por parte das súas xentes. Podemos destacar a xente nova. Os pasos (véxase fotos) están portados na súa maioría por xente nova que non sobe dos 35 anos. Exceptuando o Santo Sepulcro e o Divino Nazareno que é a Confraría con xente máis maior. O resto está composta de xente nova que coordina, organiza, dirixe e porta os seus pasos e imaxes.

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.