Presentación do programa de actividades “Primavera Científica y Cultural” dentro del proyecto turístico “RELAXESE 2018”

Hgkjbbb 1523209933

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades que se enmarcan dentro do proxecto de desestacionalización do turismo reLÁXEse, para o segundo trimestre deste ano 2018.

Esta Concellería considera que a cultura e a ciencia son valores diferenciadores que permiten potenciar o turismo de calidade, e por iso quere continuar traballando a favor da protección e difusión desta tipoloxía de recursos municipais. Ademáis, o Museo do Mar permite abrir Laxe á ciencia e a cultura dende unha perspectiva especialmente ampla, o que favorece a consecución destes obxectivos.

Con este motivo, as actividades previstas para os meses de abril, maio e xuño, dentro do proxecto de turismo “relaxese 2018” enmárcanse no título “Primavera científica e cultural”.

 

TURISMO CIENTÍFICO

Cando falamos de turismo científico, referímonos a unha tipoloxía de turismo que practican aquelas persoas que se interesan por museos, actividades de investigación e interpretación, e realizan un turismo industrial ou en contacto cos espazos xeolóxicos ou naturais. Neste contexto, os principais atributos do Concello de Laxe que pretenden poñerse en valor neste trimestre son o propio Museo do Mar, a extinta mina de caolín, e a Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba.

TURISMO INDUSTRIAL | A mina de caolín

O Venres 15, ás 8 da tarde teremos unha interesantísima mesa redonda con Jorge Fernández Suárez, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, Juan Ramón Vidal Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, e JUAN JOSÉ LÓPEZ, Director de Caolines de Vimianzo. Levará por título  “A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico”.

Ó día seguinte, sábado 16, ás 10 da mañán, está prevista unha excursión ós vestixios da mina de caolín de Laxe. A continuación visita ó proceso produtivo de caolíns de Vimianzo. A inscrición previa é imprescindible, e pode formalizarse dende a páxina web oficial www.concellodelaxe.com

TURISMO XEOLÓXICO | A paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba

Os Penedos de Pasarela e Traba estarán moi presentes. Farano a través dunha mesa redonda con AUGUSTO PÉREZ ALBERTI, Catedrático de Xeografía, XOSÉ MARÍA LEMA SUÁREZ, escritor e historiador, XOSÉ AMEIXEIRAS LAVANDEIRA, xornalista de La Voz de Galicia, MANUEL ANTELO PAZOS, Alcalde do Concello de Vimianzo, e XOSÉ MANUEL POSE LEMA, Concelleiro de Turismo de Laxe.

A mesa leva por título “Un impulso ó Plan de Conservación dos Penedos de Pasarela e Traba”, e con ela preténdese activar a solicitude do Plan de Conservación e Protección para os Penedos ante a Xunta de Galicia.

TURISMO CULTURAL 

O turismo cultural é unha modalidade de turismo que resalta aspectos culturais dun determinado destino, incluída obviamente a cultura culinaria local. O Fondo Fotográfico Vidal, a difusión e posta en valor dos peixes con X, e a música, son os principais atributos nos que se focaliza a programación cultural deste trimestre. 

MÚSICA | “Os sons do Museo “, noites de Jazz no Museo do Mar

Dentro deste programa trimestral a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo presenta un novidoso programa de actuacións musicais titulado “Os Sons do Museo”.

Os concertos serán os venres ás 21.30 horas, e correrán a cargo de coñecidas e prestixiosas formacións musicais galegas.

“Os Sons do Museo” pretende dinamizar as noites do venres en Laxe, convertendo o Museo do Mar nun improvisado club de jazz no que gozar de momentos musicais únicos. Alí, o público poderá desfrutar dende o 13 de abril ata o 22 de xuño, dun total de cinco concertos.

“Os Sons do Museo” supón unha oportunidade única para achegarse ó Museo do Mar dun xeito diferente; un espazo que habitualmente está pechado pola noite, será escenario de actuacións musicais pensadas para un público amante da cultura e da boa música. Ó mesmo tempo, “Os Sons do Museo” permitiranos ampliar a oferta de ocio nocturna dos venres en Laxe. Sen dúbida, unha alternativa cultural diferente, co que pretendemos chegar tanto á poboación residente coma á visitante, a través do seguinte programa:

  • Venres 13 de abril : Valentín Caamaño Trío (Jazz Galego)
  • Venres 27 de abril: Andrés Rivas Trío (Jazz Galego)
  • Venres 18 de maio: Bueno Chico (Blues Rock)
  • Venres 8 de xuño: Malasombra Jazz (Jazz Galego)
  • Venres 22 de xuño: Acuña’s Quartet (Jazz)

CULTURA CULINARIA | Con X de Laxe, con X de Peixe

Do 9 ó 15 de abril, a hostalería do Concello de Laxe, participará nas primeiras xornadas gastronómicas “Con X de Laxe”.

Durante os sete días que duren as xornadas gastronómicas, os consumidores poderán degustar os menús presentados polos seguintes establecementos: Áncora Taberna, Casa do Arco, Bar Escaravello, Restaurante Mar de Laxe, Panadería – Pastelería – Degustación O Ben Me Sabe, Taberna – Restaurante O Bocho, Café – Bar Restaurante O Recodo de Antía, Mesón O Rincón D’Lucas, Restaurante e Tapas Zurich.

Tamén está prevista a organización dunha ruta de pinchos chamada “Peixes con X” para a fin de semana do 19 e 20 de maio. 

HISTORIA DA FOTOGRAFÍA | O Fondo Fotográfico Vidal

O Fondo Vidal , e a fotografía, terán tamén presenza dentro da programación de carácter cultural. Farano a través de sendas conferencias de Carlos Castelao e Xurxo Lobato, o 11 e o 25 de maio respectivamente.

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.