Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa da Morte, unha ferramenta clave para impulsar o turismo no destino

Reparto mapafolleto cmat

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) veñen de iniciar un novo reparto do seu mapa turístico, grazas á colaboración da Deputación da Coruña.

Durante estes días, tanto os establecementos asociados de APTCM como os 17 concellos que integran a CMAT están a recoller nos puntos habilitados ao efecto —no balneario de Carballo, no pavillón municipal de Baio en Zas, na Casa da Cultura de Vimianzo, no Parador de Muxía e no hotel Bela Fisterra— a nova tirada deste recurso divulgativo, que recolle os principais atractivos turísticos da Costa da Morte, ofrecendo unha visión completa do seu potencial natural, patrimonial e cultural.

Esta nova entrega abrangue un total de 75.000 exemplares, da tirada total de 150.000 unidades solicitadas por APTCM e financiadas grazas ao apoio imprescindible da Deputación da Coruña.

O obxectivo deste mapa é amosar de xeito claro e atractivo todo o que a Costa da Morte pode ofrecer a quen nos visita, facilitando a orientación polo territorio e poñendo en valor os seus recursos máis emblemáticos. Trátase dunha ferramenta moi demandada e esencial para mellorar a experiencia turística, favorecer a descentralización das visitas e contribuír a un desenvolvemento sostible do sector.

Desde CMAT e APTCM sinalan que “seguimos a traballar conxuntamente para reforzar a unidade e identidade da Costa da Morte como destino turístico, cunha estratexia baseada na cooperación, na posta en valor do noso territorio e na promoción de produtos turísticos de calidade”.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.