Éxito na presentación dos manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico da Xunta de Galicia

manual

Onte a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentou mediante un webinar os manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico cun grande éxito de asistencia. Máis de mil persoas seguiron onte a través de streaming e da canle de Youtube – onde se pode consultar actualmente o vídeo– á presentación, que constou da intervención dos/as expertos/as que asesoraron na elaboración dos devanditos manuais e dunha rolda de preguntas posterior na que os/as profesionais do turismo galego trasladaron as súas dúbidas.

Antes de comezar as quendas dos profesionais, o concelleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez quixo intervir para agradecer a implicación dos expertos na elaboración dos manuais, así coma do compromiso do sector privado para colaborar coa Administración pública nestes momentos de inquedanza. Nas súas palabras, o obxectivo actual é “lograr que Galicia sexa un destino seguro 100%” e “que a seguridade sexa a mellor carta de presentación” para o noso turismo. Aproveitou para salientar a importancia do turismo para o PIB galego, así coma a cantidade de familias e postos de traballo que dependen directamente deste sector. Por iso, estes manuais son de importancia vital para a volta á “normalidade”, xa que están adaptados ás características e circunstancias propias de Galicia, funcionando como “unha folla de ruta”. Os manuais son só unha das fases do plan da Xunta para a posta a punto do turismo na comunidade, que se complementará con accións formativas -máis de 500 en palabras do conselleiro-, asesoramento para os/as profesionais vía telefónica e un paquete de axudas económicas do programa Galicia Destino Seguro.

Logo das palabras de Rodríguez, chegou o momento das intervencións dos expertos. Tomou a palabra en primeiro lugar Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago. Quixo salientar en primeiro lugar que estas directrices “estaban vivas” e que se poderán ir adaptando a medida que as circunstancias van cambiando en relación á COVID e aos descubrimentos que se fagan. A continuación, apelou á dobre responsabilidade dos/das profesionais da hostalería e turismo: por un lado coma cidadáns, coas medidas de hixiene que todos/as debemos cumprir; e por outro nos seus establecementos cas premisas de desinfección e ventilación, control de temperatura dos empregados…

O resto das intervencións foron na mesma liña, salientando cada experto/a os elementos máis vinculados á súa área. Por exemplo, Elvira Íñiguez , xefa de sección de sistemas de información no servizo de epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública recordou os tipos de mascarillas existentes no mercado e cal é adecuada para cada persoa dependendo das súas circunstancias. Na rolda de preguntas, os/as asistentes trasladaron as súas inquedanzas con temas como o uso de luvas e máscara por parte de camareiros/as e cociñeiros/as.

Tódalas guías xa se poden atopar para consulta e descarga na web da Xunta ou na nosa propia web premendo na seguinte ligazón: Manuais COVID

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.