DÍA MUNDIAL DO TURISMO: Nava Castro, directora de Turismo de Galicia: “A Costa da Morte está a xogar un papel fundamental no noso modelo turístico para a diversificación de fluxos”

Imagen Por Defecto Posts

Con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebrou o pasado venres 27, a delegación da Cadena Ser na Costa da Morte quixo dedicarlle uns minutos da súa programación á actividade turística no noso xeodestino, máis concretamente a nosa asociación e a súa labor. A continuación reproducimos a entrevista a Pablo Canosa a través da que se articulou a peza e algúns titulares desta reportaxe de Antón Lestón en Vivindo a Costa da Morte.

 

Entrevista Pablo Canosa, presidente da sección de empresarios da CMAT

 

Pregunta: Cambiou o turismo na Costa da Morte dende a creación da CMAT?

Resposta: Por suposto. Se fixeron grandes avances dende que nos apoiamos nesa ferramenta chamada CMAT para encauzar un pouco máis e coordinar o turismo na Costa da Morte.

 

P: Vos foi moi complicado chegar a acordos cos concellos?

R: Houbo que saltar moitas barreiras. Loitar moito en diferentes ámbitos. Pero penso que pagou a pena para ir chegando ao punto no que estamos e por suposto, seguir mellorando.

 

P: Cal é a visión para o futuro da CMAT? Porque agora estades máis centrados na formación profesional, na promoción de lugares turísticos, deportes ou outras actividades… É ese o camiño que vai percorrer a CMAT nos próximos anos?

R: Nunha visión a longo prazo están abertas varias liñas de evolución, aínda que abertas a cambios porque o mundo do turismo está en constante evolución e temos que manternos competitivos co paso do tempo. A visión de futuro baséase na aposta pola formación, a promoción segue vixente porque é moi importante, a creación de novos produtos turísticos, explotando novas vías e mercados.

 

P: O que xa se percibe é que están vindo cada vez máis turistas a algo en concreto, a algo polo que antes irían a outras zonas de Galicia. Falo do surf, do sendeirismo, etc. É algo que notades tamén vós dende a CMAT?

R: Por suposto, a medida que crece a demanda tamén crece a oferta. Hai anos contábase cos dedos das mans as opcións para obter unha clase de surf, facer unha ruta de sendeirismo ou kaiak na Costa da Morte. O que se fixo foi poñer en valor todos estes produtos e crear demanda arredor destes produtos, o que fixo que aparecesen novas opcións. Este penso que é o camiño a seguir, unha evolución consensuada e marcada pola sostibilidade. Temos exemplos claros como O Camiño dos Faros, que xa está dando os seus froitos despois de varios anos de traballo, grazas ao traballo da asociación Camiño dos Faros, de moitos voluntarios e agora co apoio da CMAT.

 

Na extensa reportaxe sobre a CMAT tamén se incluíron declaracións de importantes perfís do sector coma Silvia Bouzas, da xunta directiva da asociación ou Nava Castro, directora de Turismo de Galicia. Aquí podedes ler un pequeno resumo do que se falou:

 

Sobre a historia do CMAT e a súa fundación

 

En decembro de 2011, a Xunta de Galicia creou 14 xeodestinos para delimitar máis as áreas que serían beneficiadas con subvencións. O xeodestino Costa da Morte quedou encadrado entre Laracha e Carnota e foi entón cando se comprobou a necesidade de crear unha entidade para reunir aos empresarios cos 17 concellos, pois cas novas normativas da Xunta necesitábase un ente común para potenciar o mercado.

Naceu entón en 2013 a CMAT, a Asociación de Turismo de Costa da Morte. Silvia Bouzas estaba xa naquela primeira directiva fundadora:

Silvia Bouzas: «Tampouco podemos competir con outros xeodestinos de Galicia e de España. Cal era entón a prioridade para que nos puidésemos entrar dentro do mercado? Formar este ente, que é supracomarcal que non só abarca os 17 concellos, tamén as empresas e profesionais de turismo da Costa da Morte (…) Comezamos a loitar todos no mesmo camiño por ese xeodestino» .

 

A labor da CMAT e os seus resultados

 

Calquera persoa que leve vivindo na zona o tempo suficiente recoñece moi pronto o arreo que traballou a asociación en busca de reivindicar a Costa da Morte como territorio perfecto para desenvolver o chamado turismo sostible, que tanto demandan as autoridades gobernamentais.

Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia: «Dende que levamos traballando ca CMAT no 2015 dámonos conta de que estas accións que axudaron a promover, difundir o destino Costa da Morte e a especialización de produtos turísticos a través do turismo activo, axudaron ao incremento. De feito, recibiron máis de 50.000 viaxeiros no que levamos de ano e creemos que é gracias a estes produtos como Galicia Surfing. A Costa da Morte está a xogar un papel fundamental no noso modelo turístico para a diversificación de fluxos. Esta semana que vimos os datos do INE reflicten precisamente que a cifra de viaxeiros está a incrementar».

Non se ten en conta que a nosa zona, quizais, necesita un empurrón maior (axudas económicas) que outras zonas para seguir sacando á luz tódalas virtudes que poderían fascinar aos turistas. Nava fala de experiencia e de madurez no proxecto: «Están no termo medio, porque levamos un par de anos traballando e cando estea máis maduro lóxicamente terá a mesma intensidade de axuda que os demais».

 

A profesionalización do sector como eixe

Aínda así cabe destacar que no noso xeodestino son os cursos que contan con maior participación de todos os que se promoven nas distintas limitacións territoriais. É algo que hai que subliñar ben forte, porque na profesionalización está o éxito final. De nada sirve ter un espazo natural único se a xente encargada de explotalo non sabe como tratalo. (…) O que está claro é que ca profesionalización e co duro traballo da CMAT, a Costa da Morte seguirase dando a coñecer por todo o mundo, cada vez con máis éxito.

 

Na seguinte ligazón podes escoitar o extracto completo da emisión, que comeza no minuto 43:12.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.