O Curso de Verán de Turismo da UDC conclúe de xeito exitoso con grandes conclusións sobre a importancia da xestión intelixente no sector turístico

Durante dous días, O Ézaro foi testemuña de diferentes debates sobre as oportunidades da xestión intelixente para Galicia e a Costa da Morte.
Curso verano turismo inteligente udc es 1720085628

ZAS, 03/07/2024. A CMAT, co apoio da Deputación da Coruña, participou activamente no Curso de Verán organizado pola Universidade da Coruña (UDC) e titulado «Transformación no Turismo: Oportunidades, Retos e Casos de éxito na Xestión Turística Intelixente». Durante o mesmo, interviron diferentes membros da asociación, incluíndo ao presidente, Manuel Muíño e Catherine García Pernas, membro da Secretaría Técnica da CMAT, de Grupo Atlante.

Desafíos e oportunidades da Intelixencia Artificial no Turismo

A primeira mesa redonda do primeiro día do curso, moderada por Catherine García Pernas, ocupouse do potencial da intelixencia artificial como mecanismo para profesionalizar o sector turístico no territorio. Nela, participaron tanto o vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira; como o presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Ambos quixeron destacar a importante evolución do sector turístico nos últimos anos: «A día de hoxe contamos cun sector formado, competitivo e que aposta pola calidade», destacou Regueira. Tamén se fixeron eco do problema da falta de datos actualizados no sector turístico e da necesidade de atopar vías para a súa obtención nos próximos anos.

Entre os retos que se prantexaron nesta mesa, salientaron a importancia de adaptarse aos cambios e aprender a aproveitar os avances tecnolóxicos para poder mellorar a xestión turística. Se ben é certo que existen outros importantes retos con menos relevancia tecnolóxica por diante nos que a Costa da Morte debe continuar traballando desde a cooperación público-privada.

Outro dos grandes retos é precisamente o da xestión dos datos sobre turismo, xa que unha vez obtidos os mesmos, é importante ter mecanismos para utilizalos nas estratexias de planificación. Deste xeito, melloraría moito a calidade e eficacia da xestión turística en xeral.

Un novo paradigma para a xestión turística

Durante a segunda mesa redonda, abordouse a necesidade de aplicar mecanismos de xestión e planificación turística intelixentes para mellorar a eficacia no sector. Nesta mesa, participaron coa súa experiencia Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia; María do Rosário Borges, do Observatorio Turístico do Alentejo e Ada González Fernández, técnica de turismo do Concello de Dumbría. Esta mesa foi moderada por Iria Caamaño, directora do curso e docente na UDC.

Dous días para mellorar as oportunidades da Costa da Morte

Durante o segundo día de conferencias, houbo oportunidade para falar de temas de gran relevancia para o turismo. Abriu a mañá Ana Leiras, da Universidade da Coruña, falando sobre a necesidade de facer accesibles os datos no eido turístico para mellorar tanto a xestión como a experiencia de usuario.

Ao medio día, foi a quenda de Sergio Muíño Freire, da Universidade de Santiago de Compostela, cunha conferencia centrada na relación entre desenvolvemento local e turismo e como unha boa xestión turística pode axudar a xerar oportunidades no territorio.

Xa durante a tarde e para rematar, levouse a cabo un obradoiro con casos prácticos da aplicación da intelixencia turística na planificación en diferentes destinos por parte de diferentes profesionais da Universidade da Coruña; como Begoña Muíño, Silvina López e Iria Caamaño.

Seguir avanzando na xestión turística na Costa da Morte

Este curso, que foi posible grazas ao traballo conxunto da Universidade da Coruña; de Costa da Morte Asociación Turística; da Deputación da Coruña e do Concello de Dumbría, permitiu unha posta en común dos grandes retos que atravesa o turismo para os próximos anos en Galicia pero tamén específicamente na Costa da Morte. Uns retos que, á vez, implican oportunidades que hai que aproveitar.

A CMAT apoiou tamén economicamente o desenvolvemento do curso, como actividade enmarcada dentro das axudas da Deputación da Coruña aos entes de xestión turística da provincia. A presenza e apoio da asociación neste tipo de encontros é un síntoma da boa saúde e dirección coa que as entidades públicas e privadas relacionadas co turismo contan no noso territorio. Neste sentido, a CMAT impulsará novas actividades e cursos destinados a mellorar as oportunidades e a formación do sector turístico na Costa da Morte.

Compartir:

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...

Intercambio de boas prácticas de xestión turística entr...

Esta primeira xornada comezou cunha reunión de traballo cos representantes da asociación Jata-Ondo (Ion Gorka Elgezabal,...

A CMAT visitará o destino Uribe para un intercambio de ...

Durante a visita, a delegación da CMAT manterá encontros con representantes institucionais e profesionais do sector turí...

Entregados os diplomas SICTED 2025 ás empresas e entida...

O acto arrancou coa benvida institucional por parte do presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Muiño, que reiterou a...

Correos lanza un selo dedicado a Punta Nariga, recoñece...

Recentemente, Correos lanzou unha colección de selos dedicada ao turismo sostible, e entre os enclaves destacados atópas...

A CMAT reúnese coa presidenta da rede de Paradores para...

A directiva de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) mantén unha nova reunión durante FITUR con Raquel Sánchez, pre...

A CMAT destaca en FITUR o inmenso valor turístico da Co...

MADRID, 24/01/2024. A Costa da Morte ven de exhibir o seu gran potencial turístico durante a Feira Internacional do Turi...

A Costa da Morte busca traspasar fronteiras en FITUR 20...

Desde o mércores 22 ata o domingo 26 de xaneiro celébrase en Madrid a Feira Internacional do Turismo (FITUR) 2025, unha ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.