A Deputación da Coruña confía a xestión do Dolmen de Dombate no Concello de Cabana de Bergantiños

La diputacion de a coruna confia la gestion del dolmen de dombate en el ayuntamiento de cabana de bergantinos 1525939448

A Deputación da Coruña e o Concello de Cabana de Bergantiños asinaron o convenio para a xestión de visitas do Dolmen de Dombate que inclúe un programa de actividades arredor do monumento. A área de Patrimonio, dirixida polo deputado Xesús Soto, continúa así co modelo que pon a xestión do patrimonio en mans dos concellos,

O deputado e responsábel da área de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xesús Soto, e o alcalde do Concello de Cabana de Bergantiños, José Muiño, asinaron un novo convenio cooperación mediante o que ambas entidades se comprometeron a intensificar a súa colaboración na xestión cultural e turística do dolmen de Dombate. Así, a Deputación achega unha partida económica de 60.000 euros ao fin de ofrecer os servizos de atención a visitantes do conxunto megalítico, ademais de promover diferentes actividades complementarias arredor dun dos emblemas patrimoniais da Deputación.

Tras acometer múltiples actuacións de mellora na protección, conservación e rehabilitación do dolmen, a Deputación da Coruña volve confiar a xestión de visitantes no Concello de Cabana de Bergantiños, nun novo modelo que está a desenvolver nos seus principais bens patrimoniais que pasan a ser xestionados desde o goberno municipal do territorio no que se atopan.  Ademais de atender a visitantes, o convenio contempla un conxunto de actividades que complementan o grande atractivo e interese histórico e artístico que posúe a coñecida como “catedral do megalitismo” en Galicia.

Neste sentido, a Deputación e o concello bergatiñán deseñaron un programa para este ano 2018 en que xunto coas visitas e obradoiros de prehistoria destinados a turistas e escolares,  se engaden diversas conferencias, charlas e eventos musicais que contribuirán ao coñecemento e divulgación do monumento.

Entre as actividades programadas, destacan a celebración dos obradoiros de prehistoria “O gran invento do Neolítico. A cerámica” ou “As cores de Dombate. Pinturas máxicas”, ademais da denominada “Ruta das estrelas”, unha visita guiada en que os visitantes poderán contemplar a choiva de estrelas desde o monte Borneiro na noite de San Lourenzo. Este mesmo escenario, o monte de Borneiro, acollerá unha ruta cicloturística que converterá a contorna de Dombate na capital do Arqueociclismo.

Finalmente, o convenio establece a celebración de diferentes actividades de marcado carácter cultural onde a música e o teatro serán os protagonistas, sendo salientables o ciclo “Primavera en Dombate” ou a chamada “Máster Class Musical”, onde os sons clásicos e tradicionais galegos encheran de espectáculo o Centro Arqueolóxico de Dombate. 

O Dolmen de Dombate forma parte do Patrimonio da Deputación da Coruña desde o ano 1975, sendo un dos monumentos megalíticos máis relevantes do patrimonio galego, e estando declarado Ben de Interese Cultural dende 1985.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.