
A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira reunión na Laracha e define as prioridades para os vindeiros meses
A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou a súa primeira reunión en A Laracha, actual sede da presidencia, para marcar as prioridades e liñas de traballo que guiarán a súa acción nos vindeiros meses, cun claro compromiso coa promoción, preservación e desenvolvemento sostible da Costa da Morte.








