A xornada abriu coa intervención da alcaldesa anfitrioa, Mónica Rodríguez, quen deu a benvida ás persoas asistentes nun acto que contou tamén con representación do resto de concellos socios da CMAT. Seguidamente, o presidente da CMAT e alcalde da Laracha, José Manuel López, foi o encargado de presentar o acto, subliñando a importancia do traballo conxunto entre administracións e empresas con programas como o SICTED, para seguir mellorando a calidade e a profesionalización do sector turístico da Costa da Morte.
Durante o acto tamén tomou a palabra o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, quen puxo en valor a importancia de dotar ás empresas e entidades turísticas da formación necesaria para avanzar cara a un modelo de turismo sostible, capaz de xerar desenvolvemento económico no territorio.
O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou a relevancia de iniciativas como esta para mellorar os servizos municipais e a experiencia das persoas visitantes, incidindo en que a boa xestión do turismo é clave para xerar economía, emprego e fixar poboación no territorio.
Pola súa banda, o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo fincapé en que a Costa da Morte é un claro exemplo de crecemento turístico, sinalando que os bos datos acadados responden ao traballo que se está a facer no destino desde a colaboración público-privada.
Tamén interveu Pepe Formoso, vogal da CMAT e presidente da APTCM, quen trasladou a visión do sector empresarial, incidindo en que este é un camiño que só é posible desde o compromiso colectivo, demostrando que a colaboración entre todos os axentes é clave para avanzar cara a un modelo turístico sostible.
Pechou a rolda de intervencións Emilio Cuíñas, director de Autoxiro e consultor SICTED, quen fixo balance do programa, sinalando o nivel de implicación das empresas participantes e as novidades para esta anualidade coa nova plataforma.
O acto culminou coa entrega dos diplomas e distintivos SICTED, na que participaron todos os representantes institucionais, a un total de 33 establecementos correspondentes ao Ciclo 3 da anualidade 2025. Este recoñecemento pon en valor o seu esforzo continuo por mellorar a calidade dos servizos turísticos no destino: 8 hoteis e apartamentos turísticos, 2 empresas de turismo activo, 8 aloxamentos rurais, 5 museos e centros de interese turístico visitable, 2 albergues, 7 oficinas de información turística e 1 establecemento de turismo de benestar.
- Oficina de Turismo de Caión (A Laracha)
- Centro de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte (A Laracha)
- Turismo Rural O Xastre de Anos (Cabana de Bergantiños)
- Oficina de Turismo de Carballo (Carballo)
- Balneario de Carballo (Carballo)
- Casa Rural Mar de Queo (Carballo)
- Mar de Preciosa (Camariñas)
- Refuxio do Náufrago (Camariñas)
- Oficina de Información Turística de Carnota (Carnota)
- Hotel Faro de Lariño (Carnota)
- Oficina de Información Turística de Cee (Cee)
- As Heiras Hotel (Cee)
- Atlantis Adventure (Cee)
- Museo da Pataca (Coristanco)
- Oficina Información Turística O Ézaro – Dumbría (Dumbría)
- AdventurÉzaro-KayakÉzaro (Dumbría)
- Hotel Bela Fisterra (Fisterra)
- Hotel Semáforo de Fisterra (Fisterra)
- Oficina Municipal de Información Turística de Laxe (Laxe)
- Museo do Mar (Laxe)
- Hotel Playa de Laxe (Laxe)
- Centro de Artesanía e Tradición (CAT) (Malpica de Bergantiños)
- Casa da Vasca (Malpica de Bergantiños)
- Casa Castiñeira (Muxía)
- Albergue Bela Muxía (Muxía)
- Apartamentos Touriñan Mar (Muxía)
- Casa de Trillo (Muxía)
- A de Loló Alojamiento con encanto (Muxía)
- A Casa da Canle (Vimianzo)
- Casas da Fontenla CB (Vimianzo)
- Castelo de Vimianzo (Vimianzo)
- Torres do Allo (Zas)
- Hotel Rústico Casa do Vento (Zas)
Con esta iniciativa, a Costa da Morte continúa avanzando cara a un modelo turístico sostible, baseado na profesionalización, na cooperación entre axentes e na posta en valor dos recursos propios. Así mesmo, nas próximas semanas comunicarase a apertura dun novo período de inscrición para aquelas entidades interesadas en adherirse ao programa SICTED, xunto coa información sobre a formación dispoñible e o procedemento a seguir.
