
A CMAT e Turismo de Galicia avanzan na creación dunha rede de contadores de visitantes na Costa da Morte
O Castelo de Vimianzo xa conta cun dispositivo de medición que rexistrou máis de 2.300 pasos desde a súa instalación o pasado 9 de outubro. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou hoxe este primeiro punto de medición, froito do convenio de colaboración entre ambas as entidades.

