A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 2026

O aumento no orzamento anual permitirá desenvolver proxectos de maior envergadura coa colaboración da Deputación da Coruña e da Axencia Turismo de Galicia, así como optar a novas liñas de financiamento.
Reunión CMAT 2026 Alcaldes Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cultura de Vimianzo, na que se aprobaron as contas correspondentes ao exercicio 2025 e se deu luz verde ao plan de acción para 2026.

Durante a sesión, fíxose balance das principais accións desenvolvidas ao longo de 2025, un ano no que se consolidaron diversas iniciativas de promoción turística e se reforzou a colaboración cos distintos axentes do sector. Estas accións permitiron continuar avanzando no posicionamento da Costa da Morte como destino turístico diferenciado e de calidade.

Un dos puntos centrais da asemblea foi a presentación do plan de acción para 2026, que destaca por ser máis amplo e ambicioso que en anos anteriores. Este salto cualitativo é posible grazas ao incremento dos fondos propios da asociación, que permitirá á entidade contar cun maior músculo financeiro. Este reforzo tradúcese na posibilidade de impulsar proxectos de maior orzamento, así como de concorrer a convocatorias doutras administracións públicas que esixen cofinanciamento, abrindo novas oportunidades para o desenvolvemento turístico do territorio. Así, entre as cotas dos asociados, a subvención anual da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, e outras convocatorias de axudas, ás que se está a concorrer e que están pendente de resolución, o orzamento da CMAT para este ano 2026 chega aos 260.000 €.

Neste contexto, a CMAT continuará traballando en liñas estratéxicas centradas na promoción, a desestacionalización, a posta en valor dos recursos locais e a mellora da competitividade do destino.

Ademais, durante a asemblea avanzáronse algunhas das accións previstas para os vindeiros meses, entre as que destaca a organización da Semana do Turismo da Costa da Morte, que se celebrará coincidindo co VI evento anual do sector, converténdose nun novo espazo de encontro e promoción para os profesionais e o territorio. Tamén se deu conta da próxima implementación dun novidoso proxecto educativo, a desenvolver en todos os centros de educación primaria do territorio, no que se dará a coñecer entre os máis novos o territorio da Costa da Morte como un conxunto.

Desde a CMAT valórase moi positivamente este novo escenario, que permitirá reforzar o traballo conxunto dos concellos, as diferentes administracións públicas e do sector turístico, co obxectivo de seguir impulsando un modelo de desenvolvemento sostible e consolidar a Costa da Morte como un destino de referencia.

A Xunta directiva da CMAT, que se renovará no ano 2027, actualmente está conformada por José Manuel López (A Laracha) como presidente, Margarita Lamela (Cee) como vicepresidenta, Francisco Javier Domínguez (Corcubión) como secretario e Sandra Vilela (Muxía) como tesoureira; xunto cos tres vogais: María Lema (Dumbría), Pepe Formoso (APTCM) e Damián Álvarez (APTCM).

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A CMAT impulsa un plan de acción máis ambicioso para 20...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou este luns 23 de marzo a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa da Cu...

A CMAT pon en marcha un novo modelo de reunións para re...

A xunta directiva da CMAT – Costa da Morte Asociación de Turismo reuniuse este martes 3 de marzo na Casa do Pendón, co a...

A CMAT reivindica en Madrid un modelo de destino basead...

A Costa da Morte foi protagonista este xoves en FITUR coa presentación oficial da súa campaña “COSTA DA MORTE: DOND...

A Costa da Morte levará a FITUR a súa nova campaña: “Do...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproveitará a súa presenza na feira para presentar oficialmente o próximo x...

CMAT en 2025: un ano de impulso, cooperación e proxecci...

2025 foi un ano de avance sostido para a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT): máis proxección exterior, máis coop...

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.