CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA

Coñece Corcubión a través de “CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA”. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: fíxate en altamira.
145. Vila histórica de Corcubión

A vila de Corcubión, hoxe capital dun pequeno concello, foi a cabeza reitora dunha extensa xurisdición sobre a que exercían autoridade os Moscoso de Altamira. As orixes desta localidade e da primitiva parroquia hai que buscalas no pequeno núcleo de Santo Andrés da Canle, hoxe desaparecido. Será a partir do século XIII cando a poboación se traslade á beiramar e se funde a nova freguesía de San Marcos. O novo patrón pon de manifesto as relacións comerciais que había entre este porto dos Moscoso e a república italiana de Venecia.

Ademais da actividade comercial, a veciñanza de Corcubión durante o Antigo Réxime vivía da pesca da sardiña e do congro. Na segundo metade do século XVIII, coa chegada dos cataláns, instalaranse neste porto varías factorías de salgadura, que continuarán a exercer a actividade no seguinte século.

A comezos do século XIX, Corcubión foi a localidade máis castigada polos ataques das tropas francesas, que arrasaron o núcleo sen compaixón. Un feito que quedou gravado na memoria da súa poboación durante moitos anos. Non obstante, a principios do século XX esta vila estaba considerada como unha das máis activas da zona. Dispoñía dunha serie de servizos, moitos deles vinculados ao feito de ser cabeceira de partido xudicial.

A día de hoxe Corcubión móstrase como unha pequena vila, que vive fundamentalmente do sector servizos e do turismo. O máis interesante que ofrece ao viaxeiro é o seu patrimonio histórico, que, con certas alteracións, soubo conservar. Por este motivo no ano 1984, foi declarada Conxunto Histórico-Artístico.

Hai varios lugares de interese que visitar. Na praza de Castelao sitúanse a casa señorial dos Altamira, antiga fortaleza do século XV, o pazo da familia Dios e Pose e a capela do Pilar, convertida en auditorio municipal, e varias casas da pequena burguesía local.

Moi preto desta praza localízase a igrexa parroquial de San Marcos, un templo gótico, ao que no século XVIII se lle engadiron as capelas laterais do Socorro e da Virxe do Carme. A fachada tivo que reconstruírse de novo a finais do século XIX, porque a anterior estaba moi danada polo impacto de varios raios. No interior destaca a imaxe gótica de San Marcos da Cadeira.

Se nos introducimos no interior do núcleo atoparémonos con algunhas prazas, como a do Campo do Rollo ou a do médico Ramón Carrera, ou con casas fidalgas que mostran na fachada algún escudo. Un edificio tamén singular é o da Casa do Concello, construción que se realizou grazas á aportación económica do filántropo José Carrera Fábregas, que fixo fortuna na Arxentina. Tamén paga a pena dar un paseo pola rúa Antonio Porrúa, na que se conservan varías casas de interese, e seguir polo rúa Peligros ata a capela de Santo Antón, construída a finais do século XVII.

Se nos apetece realizar un pequeno percorrido en coche por este concello de Corcubión, unha ruta recomendable sería coller a estrada que leva ao cabo Cee e á parroquia de San Pedro da Redonda. Deste xeito teriamos a oportunidade de ver o castelo do Cardeal, unha construción de mediados do século XVIII, que ten enfronte o castelo do Príncipe; o faro de cabo Cee, construído en 1860, e a pequena igrexa románica de San Pedro da Redonda.

Galería de fotos de CORCUBIÓN, VILA E PORTO SEÑORIAL DOS ALTAMIRA

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

FERVENZA DO ÉZARO, ESPLENDOROSO ESPECTÁCULO NATURAL

O río Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as súas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Caste...

Os faros máis emblemáticos da Costa da Morte

Queres saber cales son os faros máis emblemáticos da Costa da Morte? Pois imos ser sinceros dende o principio do artigo:...

CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA

O núcleo de Corme Porto debe a súa orixe ás boas condicións da enseada na que se sitúa o seu porto que permitía o aprove...

Museos para visitar na Costa da Morte: 11 plans cultura...

Falar da Costa da Morte é pensar en faros, praias salvaxes, cantís, gastronomía atlántica e vilas cunha personalidade ún...

FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE

Nun tempo no que ningún núcleo costeiro da contorna dispoñía de luz eléctrica, o resplandor da luz do faro Vilán producí...

Avistamentos de baleas na Costa da Morte: unha experien...

Hai momentos nos que a natureza nos regala espectáculos imposibles de olvidar. Un delas é recoller a unha ballena surcan...

CAMARIÑAS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE

Camariñas é desas vilas que ten un selo de identificación moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta loc...

Sabores do Atlántico: a gastronomía da Costa da Morte

A Costa da Morte é un destino que cautiva polas súas paisaxes salvaxes, os seus faros impoñentes e o seu mar bravo. Pero...

Puntos de información turística na Costa da Morte 2025:...

¿Preparando as túas vacacións na Costa da Morte? Coa Guía 2025 de Puntos de información turística na Costa da Morte, ter...

Historias y leyendas marineras de la Costa da Morte: mi...

La Costa da Morte es mucho más que un destino de naturaleza salvaje y playas infinitas. Su historia está vinculada al ma...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Xoves
    30
    Xullo

    A Corva no Conco, Dumb...

    A Corva chegará ao Conco, en Dumbría, o xoves 30 de xullo de 2026 ás 1...

  • Xoves
    30
    Xullo

    Saída ao Parque Acuáti...

    O 30 de xullo de 2026, o Concello de Laxe organiza unha saída ao Parqu...

  • Xoves
    30
    Xullo

    Concerto de Anxo Araúj...

    O concerto de Anxo Araújo celebrarase o xoves 30 de xullo de 2026 ás 1...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.