Eclipse 2026 na Costa da Morte

Estreamos sinatura convidada por todo o alto. Jorge Mira Pérez incorpórase á web da CMAT cun primeiro artigo imprescindible sobre a eclipse total de Sol de 2026, un fenómeno que situará a Costa da Morte no centro de todas as miradas. Ciencia, emoción e territorio nun texto que invita a prepararse desde xa para unha cita histórica co ceo.
Eclipse solar costa da morte es

Xa saben: a eclipse total de Sol prodúcese porque a Lúa se coloca xusto diante do Sol, e tápanolo. O tamaño aparente dos discos de ambos astros no ceo é moi parecido (a Lúa é 400 veces máis cativa que o Sol, pero estanos 400 veces máis cerca ca el), e encaixan perfectamente un co outro, o cal fai máis aparatosa a carambola cósmica e tamén que a sombra da Lúa sobre a superficie terrestre sexa apenas un punto gordo duns poucos centos de quilómetros. Grazas a isto os gregos puideron obter o tamaño da Lúa e a distancia que a separa de nós, tal e como se conta neste libro: https://alvarelloseditora.gal/libro/a-que-altura-esta-o-ceo/. Por certo, como a Lúa se vai afastando de nós 3,8 cm cada ano, dentro de 600 millóns de anos estará lonxe de abondo para que o seu disco sexa xa demasiado pequeno e non volverá a haber eclipses totais de Sol.

Se a Terra e a Lúa orbitasen no mesmo plano, habería unha eclipse total de Sol e unha eclipse total de Lúa cada 28 días, cando nos tocase lúa nova (Lúa colocada entre o Sol e a Terra) e cando tocase lúa chea (Terra colocada entre Lúa e Sol). Pero o plano da órbita da Terra ao redor do Sol non é o mesmo que o da Lúa ao redor da Terra: están torcidos un respecto do outro un pequeno ángulo, , e polo tanto o normal é que as sombras que se fan non queden en liña para formar eclipses. Malia iso, cada dous anos máis ou menos prodúcese unha eclipse total de Sol nalgún lugar do planeta (levamos xa 15 totais e 18 anulares no século XXI).

E na Unión Europea? É un espazo líder no mundo, pero a superficie que ocupa non chega a ser nin o 1% do total da superficie planetaria… así que nos toca moi poucas veces. A última foi en 1999, coa sombra pisando esencialmente en Francia. E a próxima, a primeira europea no século XXI, será o 12 de agosto de 2026, con España —e Galicia— como lugar privilexiado. Que isto ocorra nun país desenvolvido, a 2ª potencia turística mundial, desatará unha espectacular febre astronómica.

Vai ser só un instante, pero lembren a tolemia que houbo en 2024 nos EE.UU. para observar o que pasou por amplas zonas do seu territorio, e que foi contemplado directamente por uns 50 millóns de persoas.

Por que esa fascinación? Porque é impactante ver o día transformado en noite de golpe e, sobre todo, porque somos conscientes de que é moi difícil que nos pase de lado da casa. Fíxense: a última vez que se viu unha en Galicia foi en 1912, e a seguinte despois do de 2026 non volverá a ocorrer ata o ano 2180. Na Unión Europea, logo da de 2027 sobre Cádiz, non volverá haber outra ata 2053 —tamén sobre Cádiz— e logo outra en 2081 no norte de Francia.

A franxa para observalo terá uns 250 km de ancho, pero curiosamente a fronteira sur desa franxa pasa xusto pola Costa da Morte, partíndoa diagonalmente en dous polos concellos de Zas e Cabana de Bergantiños. Así, a zona norte da nosa bisbarra será a que experimente a escuridade total, mellor canto máis ao norte. Se estamos moi cerca da fronteira da eclipse, verémola pouco tempo. Ao estarmos xusto na fronteira, a nada que avancemos ao norte, gañaremos moito tempo de sombra. Na Carballa (Cabana) ou Budián (Zas) durará só 1 segundo; en Ponteceso, 13 segundos; en Coristanco, 33; en Carballo, 45; en Malpica, 49; e na Laracha, 54 segundos. Dentro do destino Starlight da Costa da Morte o concello da Laracha será o mellor lugar e, dentro del, Caión: alí a totalidade da eclipse durará 1 minuto e 2 segundos.

Eclipse total de sol do 12 de agosto de
Eclipse total de sol do 12 de agosto de 2026

De Cabana de Bergantiños e Zas para o sur, a ocultación será do 99%. Pode parecer que iso será case como vela completa, pero créanme, a diferenza entre estar a un lado e a outro da fronteira de sombra será, literalmente, a diferenza entre o día e a noite. O 1% do Sol que queda descuberto na zona do sur alumea o mesmo que 4.000 lúas cheas.

O movemento de masas será tremendo, e cómpre tomar moitas precaucións, tanto de loxística como de saúde. En marzo de 2026 organicei unha xuntanza de expertos no Consello da Cultura Galega, e en base a iso elaboramos unha serie de recomendacións, ás que lles recomendo botar unha ollada. O texto pódeno encontrar nesta ligazón: https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4555

Ah, como a eclipse se producirá co Sol moi baixo (apenas 12º sobre o horizonte), a nada que teñamos cerca un edificio, unhas árbores ou unha elevación do terreo, pódesenos tapar o espectáculo. Para ter iso previsto, recoméndolles que anoten o 30 de abril, a iso das 20:23. Nese día e hora o Sol estará practicamente no mesmo lugar do ceo que o 12 de agosto ás 20:28 (é o punto simétrico da órbita terrestre), así que ese día e a esa hora, comproben que o Sol está visible dende o sitio no que pensan velo.

Boa eclipse!

Jorge Mira Pérez, autor blog Costa da Morte
Jorge Mira Pérez

Catedrático del departamento de física aplicada. Facultad de física. Universidad de Santiago de Compostela.

Descubre la Costa da Morte en nuestro blog

Blog Costa da Morte

Festas tradicionais na Costa da Morte: historia, cultur...

Se hai algo que define a Costa da Morte, ademais das súas paisaxes salvaxes e o seu mar indomable, é a súa forte identid...

CABO TOURIÑÁN, ÚLTIMO SOLPOR DE EUROPA

Polos anos vinte do pasado século o poeta muxián Gonzalo López Abente xa consideraba o cabo Touriñán coma a punta máis o...

CASTELO DE VIMIANZO, SÍMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA ...

Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en pé en Galicia. No territorio da Costa da Morte hai algunhas ...

Onde atopar grafitis, murais e arte da rúa na Costa da ...

Pregúntaste onde atopar grafitis, murais e arte urbano en xeral na Costa da Morte? Pois estás de sorte, porque practicam...

LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA

Ao sur da ría na que o Anllóns entrega a colleita hídrica que foi recadando ao longo do seu camiñar por terras bergantiñ...

LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA

Entre o extremo sur da praia de Nemiña e a punta Mellón, ábrese paso ao océano a pequena ría de Lires, que máis que ría,...

Costa da Morte, naturalmente única: desde hoxe, unha se...

Hai territorios que non se entenden cun “top 10”. Territorios que precisan tempo, contexto e mirada. A Costa da Morte é ...

REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL

O río Anllóns, esa serpe de prata que atravesa Bergantiños de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e...

CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANTÁSTICO

Cando visitamos unha zona ás veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque car...

BUÑO, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE

A vila de Buño é coñecida en toda Galicia pola súa tradición oleira. A práctica desta actividade por parte dos buñeses p...

Próximos eventos na Costa da Morte

Descubre ao instante qué actividades che agardan na Costa da Morte. Aquí atoparás unha listaxe actualizada de concertos, feiras, rutas guiadas e espectáculos que se celebran na Costa da Morte. Non te perdas ningunha cita: vive a cultura, o deporte e a tradición da nosa comarca. E se queres enterarte antes que ninguén, apúntate á nosa newsletter e recibirás todas as novidades no teu email.

  • Sábado
    29
    Agosto

    Entroido de Verán de C...

    O Entroido de Verán de Corme 2026 celebrarase o sábado 29 de agosto en...

  • Sábado
    29
    Agosto

    VI Triangular S.D. Oza...

    O VI Triangular S.D. Oza xuvenil e sénior celebrarase o 29 de agosto n...

  • Sábado
    29
    Agosto

    Trofeo Concello de Dum...

    O Trofeo Concello de Dumbría 2026 converte o campo do Conco no punto d...

Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.