A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo no VIII Encontro Internacional Starlight (Soria)

A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte participou esta semana no VIII Encontro Internacional Starlight en Soria, a cita de referencia mundial en turismo de estrelas e protección de ceos escuros. O obxectivo foi impulsar o posicionamento da Costa da Morte como Destino Starlight e fortalecer alianzas arredor dun modelo de turismo sostible, responsable e de calidade.
Costa da morte en el viii encuentro internacional starlight (soria)

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight Costa da MorteCharo Couto, Bego Brao e Antón Pazos—. Sumáronse tamén a vicepresidenta da CMAT e alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, arroupando institucionalmente o proxecto Destino Costa da Morte Starlight.

Un Destino Starlight con identidade propia

Durante o encontro, a asociación compartiu experiencias e boas prácticas con iniciativas internacionais, salientando o valor do patrimonio natural e cultural da Costa da Morte, a súa rede de profesionais acreditados e o compromiso coa divulgación científica e o respecto pola natureza como base dun turismo transformador.

Eclipse de 2026: oportunidade científica e motor local

O programa formativo incluíu relatorios específicos sobre o Eclipse de 2026, un dos eventos astronómicos máis agardados da década. A asociación puxo o foco na planificación, sensibilización social e cooperación entre territorios para aproveitar este fito —que colocará Galicia entre os mellores lugares do mundo para a súa observación— como palanca de desenvolvemento local e promoción do coñecemento.

Compromiso cos ceos escuros e o turismo responsable

Coa súa participación en Soria, a Asociación de Astroturismo da Costa da Morte reafirma a adhesión a unha rede internacional que defende os ceos estrelados como patrimonio común e promove a cooperación para avanzar cara a un modelo turístico máis sostible e inspirador. A entidade continuará a participar en actividades, encontros e proxectos que reforcen o Destino Costa da Morte Starlight como referente do astroturismo en Galicia.

Contacto

Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
Contacto de prensa: astoturismocm@gmail.com

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.