O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo presidente da Costa da Morte Asociación Turística

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, toma o relevo na presidencia da CMAT (Costa da Morte Asociación Turística) de mans de Manuel Muiño Espasandín, rexedor do concello de Zas, quen exercía o cargo desde xullo de 2023.

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se aprobou por unanimidade a renovación da Xunta Directiva. A presidencia pasa agora ao alcalde da Laracha, respectando a rotación alfabética entre os concellos que compoñen a entidade. Tamén se incorporan á nova Xunta Directiva Margarita Lamela Louzán (Cee) como vicepresidenta, Francisco Javier Domínguez Traba (Corcubión) como secretario e Sandra Vilela Riveiro (Muxía) como tesoureira.

Pola súa banda, continúan como vogais os dous representantes da APTCM e María Lema (Dumbría), o que garante unha transición ordenada na xestión. A CMAT destaca que esta nova Xunta conta con representación dos distintos partidos políticos que gobernan actualmente no territorio, asegurando o equilibrio territorial que se promove desde a fundación da asociación, xunto coa representación do sector privado a través da APTCM. Ademais de dar a benvida ás novas incorporacións procedentes dos concellos que integran o xeodestino, presentouse un resumo das accións realizadas durante o pasado ano, revisáronse os obxectivos fundamentais, as fontes de financiamento e os fitos acadados nos últimos anos, así como a planificación para o 2025.

A Xunta saínte, liderada por Manuel Muiño, quixo destacar ao comezo da súa intervención “o orgullo polo equipo que o acompañou e a importancia de pasar pola presidencia e formar parte da Xunta Directiva para coñecer a realidade de todos os concellos que integran a Costa da Morte”, valorando a experiencia como moi grata e enriquecedora.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.